FRANCIA - VICHY

Axudas para realizar actividades de formación lingüística durante o verán dirixidas ao alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia para mellorar a súa competencia en linguas extranxeiras.

Vichy,
O DESTINO.

Vichy é unha cidade e comuna francesa situada no departamento de Allier, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Durante a Segunda Guerra Mundial foi a sede do goberno de Francia de Vichy entre 1940 e 1944.

Conocida desde a época galorromana polos seus fontes con propiedades beneficiosas e terapéuticas, a famosa e elegante estación termal de Vichy, apreciada por personalidades célebres como Napoleón III e madame de Sévigné, conserva do seu pasado un prestixioso repertorio arquitectónico, ecléctico e refinado ao mesmo tempo.

 

 

CANDO E COMO
VAN IR ATA VICHY?

UNHA QUENDA

Do 6 ao 27 de agosto.

SAÍDA

O punto de encontro é a estación de tren de Santiago de Compostela, onde ás 16:00h faráse o traslado en autobús privado cara ó aeroporto de Oporto con chegada ás 18:00 (horario portugués). Recomendamos estar 30min antes da hora de saida do autobús.

VIAXE

O voo de ida dende Oporto a Lyon, ten programada a saída ás 20:35h e de chegada a destino ás 23:40.

A VOLTA

O voo de volta, sairá ás 18:45h e chegará a Oporto ás 20:00h. Dende Oporto irán en autobús privado ata a estación de tren de Santiago de Compostela. O autobús sae ás 20:30h (horario portugués) e chega a Santiago de Compostela ás 23:30h. (Recomendase aos pais/nais ou titores legais estar 30 minutos antes da chegada prevista do autobús de volta).

OS VOOS DEsDE
DE A OPORTO

A IDA

Número de voo: TO 7833
Saída dende o Aeroporto Francisco Sá Carneiro ás 20:35h o 06/08.
Chegada ao Aeroporto de Lyon-Saint Exupéry ás 23:40h.

OS VOOS DEsDE
DE LYON

A VOLTA

Número de voo: TO 7832
Saída dende o Aeroporto de Lyon-Saint Exupéry ás 18:45h o 27/08.
Chegada ao Aeroporto Francisco Sá Carneiro ás 20:00h

COMPAÑÍA AÉREA

A SÚA CASA
EN VICHY

O aloxamento en Vichy (Lyon) está xestionado pola Alianza Francesa e farase en familias de acollida seleccionadas polo centro, en habitacións individuais. Pode que na misma casa de acollida haxa outros estudantes da escola ou de outras nacionalidades.

En cuanto a alimentación, os almorzos e as cenas faránse en familia, mentras que as comidas faránse no restaurante universitario de Luns a Venres. O 15 de Agosto, a familia prepará un picnic xa que é un día festivo.

 

 

aliance Française

O curso está organizado por Peares en colaboración coa Alliance Français e terá lugar na escola de Vichy.
Fundada en 1889, a Alliance Française Aix-Marseille Provence é unha asociación sen ánimo de lucro e unha institución privada de ensino superior que ten como obxectivo o ensino da lingua francesa, a difusión das culturas francófonas e o diálogo entre as culturas do mundo.
A Alliance Française representa 133 anos de coñecemento e experiencia no ensino do francés como lingua estranxeira, na formación de profesores e no servizo de estudantes. Cada ano reciben uns 1.500 estudantes de 95 nacionalidades diferentes. A Alliance Française de Aix-Marseille-Provence pertence á rede internacional de Alliances Françaises, que inclúe máis de 800 asociacións locais de dereito en máis de 135 países.

As tres misións esenciais da Alliance Française son as seguintes:

  • Ofrecer cursos de francés en Francia e en todo o mundo para todos os públicos.
  • Dar a coñecer as culturas francesa e francófona.
  • Promover a diversidade cultural.

Durante a formación integraránse con participantes doutros países en función do nivel dos mesmos. O carácter internacional do centro escollido fai posible un nivel moi alto de integración e interculturalidade. Todos os/as alumnos/as da Alliance Français son estranxeiros, polo que a integración nas aulas está garantida.

O curso terá unha duración de tres semanas. A continuación deixamos o enlace a páxina na que poderán ver as toda a información sobre o noso centro colaborador: https://afaixmarseille.org/campus-aix-en-provence

A Alliance Français ofrece cursos de francés durante todo o ano para todos os niveis. 
Os/As profesores/as, culificados/as e experimentados/as, empregran un método de ensinanza interactivo e baseado na acción que se apoia en tecnoloxías innovadoras. A súa plataforma de aprendizaxe electrónico permite aos/ás alumnos/as traballar de xeito independente e acceder a unha biblioteca e a módulos dixitais segundo as súas necesidades individuais. 
As clases da mañá céntranse no desenvolvemento das habilidades lingüísticas básicas, con especial énfase na expresión oral e na escoita.
 Os traballos de vocabulario e pronuncia están integrados en cada sesión. Usan xogos de roles, tecnoloxía AV, traballo por proxectos e actividades baseadas en tarefas para desenvolver as habilidades comunicativas dos estudantes. 
Os estudantes tamén coñecerán varios aspectos da cultura, mitos e lendas francesas, e recibirán proxectos de investigación semanais que presentarán na clase dos Venres. Combínanse tarefas sincrónicas e asincrónicas para garantir que o horario se utilice da mellor maneira, esforzándose por garantir que cada participante teña unha experiencia fructífera.

OS OBXETIVOS
DESTE PROGRAMA

  1. Conseguir a máxima inmersión na lingua e cultura francesa.
  2. Ofertar un curso para a mellora do dominio da lingua francesa dos/as participantes.
  3. Incrementar o nivel de coñecemento da lingua francesa nas súas destrezas básicas: expresión oral e escrita e compresión oral e escrita.
  4. Crear un ambiente familiar que facilite a aprendizaxe.
  5. Fomentar a interculturalidade.
  6. Ofrecer unha ocasión para traballar a autonomía dos/as participantes ofrecendo tres semanas de programa fora da súa zona de confort.
  7. Fomentar a colaboración e o traballo en equipo.
  8. Traballar sobre o idioma a través dun enfoque totalmente comunicativo.
  9. Achegar aos/as usuarios/as novidades metodolóxicas para o seu aprendizaxe continuo.
  10. Achegar aos participantes as ferramentas para o aprendizaxe e a acreditación no éido dos coñecementos das linguas estranxeiras.
  11. Semanalmente iranse tratando diferentes temas ao longo da semana, e os Venres farase unha presentación sobre o traballo de busca da semana.

COMO O IMOS FACER?
O NOSO MÉTODO

A planificación e a programación das actividades didácticas terá en conta os obxectivos específicos establecidos e o perfil dos participantes. O método de ensino terá un carácter moi interactivo, centrado na comunicación e na participación dos asistentes. 

As horas de formación serán tamén ocasión para fomentar a interculturalidade e o coñecemento de outras culturas. As clases serán dirixidas por profesorado nativo e profesional. 

A metodoloxía empregada asocia prácticas lúdicas, creativas e interactivas cun obxectivo de progresión rápida e eficaz. As actividades propostas están diseñadas para explotar ao máximo a inmersión lingüística e conseguir o maior nivel de implicación por parte do grupo de asistentes a través de módulos centrados en temáticas específicas, adaptadas á idade dos participantes. 

As clases adoptan unha pedagoxía basada nun enfoque comunicativo, centrado na participación. O punto máis forte é a comunicación oral, animando aos participantes a que se expresen espontáneamente e conseguindo unha mellora substancial na súa pronunciación e riqueza de vocabulario.

Ensinanza con un enfoque comunicativo. Onde se practicarán técnicas para axudar aos/as alumnos/as a comunicarse de maneira máis efectiva e correcta en situacións realistas nas que se atopen. 

Práctica de estratexias para mellorar as habilidades de comprensión e as habilidades productivas. Onde se practicarán exercicios de escoitar e responder.

Ensinanza con un enfoque de aprendizaxe activo. Onde a técnica implica interactividade, varias formas de xogo.

Aprendizaxe da gramática francesa empregando técnicas de modelado de situacións. No transcurso de aprendizaxe de francés, créanse diversas situacións posibles da vida.

PREPARANDO
A VIAXE

Documentación: pode ser indistintamente DNI ou pasaporte, en vigor e cunha caducidade non inferior a 6 meses.

Seguro médico: debes ter a tarxeta sanitaria europea. A tarxeta presta ao titular o dereito a recibir as prestacións sanitarias que poda necesitar durante a súa estancia temporal en Francia.

Clima: o tempo en Francia en Agosto ten temperaturas baixas de 15°c e máximas de 25°c. É a temperatura perfecta para explorar Francia sen sentir nin demasiado calor nin demasiado frío. Podes esperar de 3 a 8 días de chuvia en Francia durante o mes de Agosto. No verán recomándese levar sempre xersey e chaqueta (sobretodo pola noite) para facer frente a cambios de temperatura e precipitacions.

A moeda: a moeda utilizada en Francia é o euro. Recomendamos que non leves moito diñero encima, a maioría de tarxetas bancarias internacionais aceptanse en Francia, en especial tarxetas Visa e Mastercard. En moitos establecementos aceptase a tarxeta American Express, pero non de forma sistemática.

Electricidade: os enchufes eléctricos ou clavixas en Francia teñen entrada europea, polo que si viaxas dende España non é necesario comprar un adaptador de enchufe.

 

QUE LEVAR DE
EQUIPAXE

Peso máximo da maleta que se factura autorizado pola compañía aérea é de 20kg.
A equipaxe de man está limitado a 51x40x23cm.
Recomendamos levar (incluido o que leven posto) de roupa e enseres:
4 pantalóns (entre largos e cortos)
7 camisetas ou camisas
7 pares de calcetins​ e de roupa interior​
1 chándal
2 xerséis de entretempo​
1 chubasquero​ e 1 cazadora
2 pares de zapatillas cómodas
1 bañador, 1 par de chanclas e 1 toalla de piscina​
Crema solar
1 gorra
1 bolsa de aseo​

A MALETA

Maleta: o tamaño máximo da equipaxe de man está limitado a 51x40x23 cm (longo x ancho x alta), estando tamén prohibido transportar nela: líquidos, xeles, cremas, aerosois e sprays, agás en pequenas cantidades que deben ir en pequenos recipientes cunha capacidade individual máxima de 100 ml. Os líquidos considéranse auga e outras bebidas, xaropes, cremas, locións, aceites,pasta de dentes, perfumes, xeles, contido de envases a presión como espuma de afeitar, desodorizantes e aerosois. Bolsa de mán incluída.

Cada pasaxeiro/a ten que embalar estes recipientes nunha bolsa de plástico transparente con peche automático de capacidade máxima non superior a un litro (bolsa de aproximadamente 20 x 20 cm), para facilitar a inspección nos controis de seguridade.

Os líquidos comprados nas tendas duty free do aeroporto son exentos, sempre que se leve a factura e estean en bolsas pechadas. Nos casos en que sexa necesario, produtos dietéticos ou medicación líquida ou en aerosol en cantidade suficiente para o voo, sempre que ir acompañado da súa receita. No caso de perda de equipaxe en calquera aeroporto, é imprescindible facer a reclamación nas oficinas correspondentes, onde lle preguntarán sobre as características de identificación, polo que as maletas deben ir marcadas cun nome, enderezo e teléfono.

MONITORES
NA VIAXE

Ratio no viaxe de ida e volta: un monitor ou monitora por 15 participantes.
O equipo de monitores, disporá de un telefóno móbil para a súa localización cando sexa preciso.
Acompañan aos grupos de alumnos e alumnas en todo momento ata que sexan recibidos polos monitores/as en destino e irán identificados/as con unha camiseta un chaleco branco e unha camiseta rosa tal e como se ve na imaxe.

DURANTE A VIAXE

Os e as participantes recibirán unha pieza de fruta de tempada e un botellín de auga para o desplazamento en autobús privado desde Santiago de Compostela a Oporto. Este picnic irá dentro dunha gymsack de obsequio, feita en algodón 105 gr, perfecta para que a poidan usar durante toda a súa estancia.

Durante o voo, recibirán tamén manutención ata a súa chegada ao seu destino.

MONITORES
EN Vichy

Ratio: un monitor ou monitora por 15 participantes.
Estarán a disposición do alumnado as 24 horas do día os 7 días da semana.
Acompañarán ao alumnado nas saídas programadas. Supervisarán tamén, as condicións da estancia e resolverán os problemas que poidan xurdir.
Informarannos a nos, PEARES das incidencias e incumprimentos das condicións establecidas que se puidesen producir.

Ademáis, haberá un coordinador localizado en Galicia ao cargo do programa e, en destino, haberá outro coordinador que durante a vixencia do contrato co fin de atender calquera problema que xurda no desenvolvemento da actividade.

As súas obrigas son:

1.Dirixir e supervisar todas as actividades de cada estadía.

2.Ser profesorado de reserva.

3.Entregar unha avaliación do profesorado previamente realizada polo alumnado participante de cada unha das quendas.

 

O DÍA A DÍA
EN Vichy

ACTIVIDADES

Pass cultural que inclúe:

  • Unha visita de día enteiro (sábado ou domingo).
  • Dúas visitas de medio día (Mercoles, sábados ou domingos tarde).
  • Dúas degustacións.
  • Dúas noites de festas (baile) ou dúas entradas ao teatro de calle.

Tamén, terán acceso a todas as actividades gratuitas do centro (visita de Vichy, deporte, cine, obradoiros, conferencias).

CHAMADAS E
HORARIOS

Para chamar desde Francia a España:
0034 + o teléfono
Para chamar dende España a Francia:
0033 + o teléfono.
Para a túa estancia en Francia recomendase comprar unha tarxeta SIM para o móbil.
En Francia é a mesma hora que en España.

CONTACTO

Principal vía de comunicación email (resposta máxima en 24h):

Teléfonos de incidencias/urxencias:

Evitar utilizar se non son incidencias ou urxencias, se non, non están dispoñibles para o seu verdadeiro cometido.

  • Joel: 618 177 919 (subcoordinador xeral)
  • Noemí: 646 038 818 (coordinadora xeral)
  • Juan: 637 895 831 (director xeral)

SEGURO E ACCIDENTES

No tocante á atención personalizada en casos de accidentes, roubos ou enfermidade, terán aos/ás monitores/as e aos/ás coordinadores/as a disposición 24/7 para asistilos no que sexa necesario. Na web estará tamén a información sobre o seguro de accidentes (médicos, hospitalización e farmacia) ilimitados, gastos de viaxe segundo os gastos efectivos ocasionados (repatriación médica, transporte do falecido, billete de visita dun familiar no caso de hospitalización do asegurado e aloxamento, billete de regreso de urxencia no caso de falecemento), seguro de equipaxe (danos, perda, roubo, atraso de equipaxe) e seguro de responsabilidade civil cun importe mínimo de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €). 

SEGUROS

O seguro por parte de Tourgalia Gestion S.L. é ERGO. Compañía de seguros especializada en seguros de viaxes. O número de póliza é o 07631000500. En caso de necesitar asistencia, o número de teléfono de ERGO é 91 344 11 55. Ademáis, os asegurados dispoñen da APP Air Doctor para solicitar e reservar cita médica de xeito rápido. Poderán descargar a aplicación buscando Air Doctor na tenda de app do seu móvil. 

 

QUE É PEARES?

Peares, pertence a un grupo empresarial 100% galego, especializado na xestión integral de servizos nos sectores da xestión de programas formativos con 9 anos de experiencia. 

Esta liña de negocio nace da xestión do centro de inmersión lingüística dos Peares, no que levamos a cabo programas intensivos de formación en inglés dende o ano 2014. Na actualidade ademais de continuar coa actividade do centro, desenvolvemos programas de integración e inmersión lingüística no estranxeiro.

Peares, centro de inmersión lingüística, é un antigo poboado de Unión Fenosa, reformado co obxectivo de converterse nun centro referente na realización de programas de inmersión. Dende a súa apertura ata hoxe, foron moitas as persoas que pasaron polo centro a través de diferentes programas privados ou públicos, organizados polo Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies