ALEMAñA

Axudas para realizar actividades de formación lingüística durante o verán dirixidas ao alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia para mellorar a súa competencia en linguas extranxeiras.

Múnich,
O DESTINO.

Múnich, unha cidade cosmopolita con corazón, encantadora e relaxada, animada e soñadora ao mesmo tempo. Múnich é a capital do estilo de vida de Alemaña e ten unha das prazas máis fermosas do país, Marienplatz, o centro de Múnich coa Cidade Vella e a Nova. Salón. O seu famoso carillón forma parte da cidade tanto como a Hofbräuhaus e a Frauenkirche coas súas cúpulas verdes. Un paseo polo Viktualienmarkt é unha festa para os sentidos. E en nobres rúas comerciais como Ludwigstraße ou Maximilianstraße podes atopar de todo. Os barrios de moda de Múnich, Glockenbachviertel e Gärtnerplatz, son sempre máis baratos, pero aínda máis animados.

CANDO E COMO
VAN IR ATA ALEMAÑA?

unha QUENDA

DÍA DE IDA: 6 de agosto de 2023
DÍA DE VOLTA: 26 de agosto de 2023

SAÍDAS

Saída ás 07:00h da estación de tren de Santiago de Compostela (recomendase estar media hora no lugar de encontro antes da saída programada) e de chegada ao aeroporto de Oporto ás 09:00h (horario portugués).

VIAXE

En autobús ata Aeropuerto de Oporto-Francisco Sá Carneiro de Oporto. A hora de chegada ao aeroporto de Oporto é ás 09:00h (horario portugués). A hora da saída do voo é as 11:10h (horario portugués) e de chegada a Múnich ás 14:55h.

A VOLTA

O día de volta, voarán de Múnich a Oporto. Alí haberá un autobús privado que os levará á estación de tren de Santiago de Compostela. A hora de saida é as 0:00h con chegada ás 02:30h (recomendase aos pais/nais ou titores legais estar 15 minutos antes da chegada prevista).

OS VOOS DENDE
DE OPORTO

A IDA

Número de voo: LH1783
Saída dende o Aeroporto Francisco Sá Carneiro ás 11:10h do 6 de agosto.
Chegada ao Aeroporto Internacional de Múnich-Franz Josef Strauss ás 14:55h.
*Horarios locais.

OS VOOS DENDE
DE MÚNICH

A VOLTA

Número de voo: LH1788
Saída dende o Aeroporto Internacional de Múnich-Franz Josef Strauss ás 21:20h do 26 de agosto.
A chegada ao Aeroporto Francisco Sá Carneiro ás 23:25h o 26 agosto.
*Horarios locais.

COMPAÑÍA AÉREA

A SÚA CASA
EN Múnich

O aloxamento será o A&O Hostel Munich Laim. O hostal xuvenil proporciona unha planta completa para eles, onde se encontran todas as habitacións dos participantes. As aulas están no quinto piso.
A oficina de dirección do curso, está ubicada no centro da planta baixa. Na planta sotano encontrás o comedor onde almorzarás e cenarás con tod@s os/as participantes

 

O Centro de formación

DID especializouse na ensinanza do alemán como lingua estranxeira dende 1870. Ensinan alemán en institutos para adultos que están abertos todo o ano e que ofrecen cursos de alemán en todos os niveis. Con 50 anos de experiencia, ofrecen excelentes cursos de alemán como lingua estranxeira a estudantes de todo o mundo. Podes estar seguro de que atoparás profesores/as cualificados/as e un currículo eficaz e atractivo.

Ofertarase un curso intensivo de 24 leccións por semana que se centra en desenrolar as habilidades principais de ler, escribir, escoitar e falar.Aprenderán alemán de xeito metódico orientado a uns obxectivos e conseguiranse rápidos progesos.

Ponse énfases no uso práctico da lingua en situacións cotidiáns, profesionais e de estudio.

DID ten os seguintes espazos:

  • Aulas luminosas e ordenadas.
  • Conexión Wi-Fi gratuíta.
  • Cibercafé con ordenadores.
  • Acceso de ordenador portátil mediante cable de R.
  • Centro de aprendizaxe con materiais didácticos modernos.
  • Cafetería con máquinas expendedoras de aperitivos e bebidas.
  • Gran terrazana azotea con mesas de ping pong.
  • Ubicación central cercada estación central de tren de Múnich.

O DID conta cas seguintes certificacións:

 

OS OBXETIVOS
DESTE PROGRAMA

Este programa ofrece unha experiencia inmersiva combinando clases de alemán, excursións e actividades que se centran en mellorar as súas habilidades en alemán. 

  1. Conseguir a máxima inmersión la lingua e cultura alemanas.
  2. Ofertar un curso para a mellora do dominio da lingua alemana dos/as participantes.
  3. Incrementar o nivel de coñecemento da lingua alemana nas súas destrezas básicas: expresión oral e escrita e compresión oral e escrita. 
  4. Crear un ambiente familiar que facilite a aprendizaxe.
  5. Fomentar a interculturalidade.
  6. Ofrecer unha ocasión para traballar a autonomía dos/as participantes ofrecendo tres semanas de programa fora da súa zona de confort. 
  7. Fomentar a colaboración e o traballo en equipo. 
  8. Traballar sobre o idioma a través dun enfoque totalmente comunicativo. 
  9. Achegar aos/as usuarios/as novidades metodolóxicas para o seu aprendizaxe continuo.
  10. Achegar aos participantes as ferramentas para o aprendizaxe e a acreditación no éido dos coñecementos das linguas estranxeiras. 
  11. Semanalmente iranse tratando diferentes temas ao longo da semana, e os venres farase unha presentación sobre o traballo de busca da semana.

COMO O IMOS FACER?
O NOSO MÉTODO

Ensinanza con un enfoque comunicativo creando situacións realistas nas que se poidan atopar.

Estratexias de habilidades de comprensión, exercicios de escoitar e responder e cando non se sabe a resposta, foméntase o pensamento.

Aprendizaxe activo, onde a técnica implica que expresen a súa opinión sobre un tema en particular.

Aprendizaxe da gramática alemana con técnicas de modelado de situacións posibles da vida.

Son clases deseñadas en torno a un tema concreto, no que aprenderán as características da comunicación en alemán.

O profesorado é nativo e profesional, e mesturan as prácticas lúdicas, creativas e interactivas.

Usamos un enfoque comunicativo, animando a que participen e se expresen espontáneamente.

As actividades están diseñadas para sacarlle o máximo rendemento á inmersión lingüística.

PREPARANDO
A VIAXE

Documentación: poderás viaxar a Alemaña utilizando o teu DNI ou pasaporte válido. 

Seguro médico: debes ter a tarxeta sanitaria europea. 

Clima: o tempo en Alemaña en Agosto ten temperaturas baixas de 15 °C e máximas de 25 °C. É a temperatura perfecta para explorar Alemaña sen sentir demasiado calor nin demasiado frío. Podes esperar de 3 a 8 días de choiva en Alemaña durante o mes de Agosto. É unha boa idea levar sempre un paraugas para que a choiva non te colla por sorpresa.

A moeda: utilizada en Alemaña é o euro, polo cal non será necesario levar moito diñeiro en efectivo, xa que os bancos admiten as tarxetas bancarias utilizadas en España.

Electricidade: os enchufes de Alemaña son os europeos, polo cal non é necesario comprar ningún adaptador.

 

QUE LEVAR DE
EQUIPAXE

Peso máximo da melta que se factura autorizado polas compañías aéreas é de 23kg.
A equipaxe de man está limitado a 51x40x23cm.
Recomendamos levar (incluido o que leven posto) de roupa e enseres:
4 pantalóns (entre largos e cortos)
7 camisetas ou camisas
7 pares de calcetins​ e de roupa interior​
1 chándal
2 xerséis de entretempo​
1 chubasquero​ e 1 cazadora
2 pares de zapatillas cómodas
1 bañador, 1 par de chanclas e 1 toalla de piscina​
Crema solar
1 gorra
1 bolsa de aseo​

A MALETA

Maleta: o tamaño máximo da equipaxe de man está limitado a 51x40x23 cm (longo x ancho x alta), estando tamén prohibido transportar nela: líquidos, xeles, cremas, aerosois e sprays, agás en pequenas cantidades que deben ir en pequenos recipientes cunha capacidade individual máxima de 100 ml. Os líquidos considéranse auga e outras bebidas, xaropes, cremas, locións, aceites,pasta de dentes, perfumes, xeles, contido de envases a presión como espuma de afeitar, desodorizantes e aerosois. Bolsa de mán incluída.

Cada pasaxeiro/a ten que embalar estes recipientes nunha bolsa de plástico transparente con peche automático de capacidade máxima non superior a un litro (bolsa de aproximadamente 20 x 20 cm), para facilitar a inspección nos controis de seguridade.

Os líquidos comprados nas tendas duty free do aeroporto son exentos, sempre que se leve a factura e estean en bolsas pechadas. Nos casos en que sexa necesario, produtos dietéticos ou medicación líquida ou en aerosol en cantidade suficiente para o voo, sempre que ir acompañado da súa receita. No caso de perda de equipaxe en calquera aeroporto, é imprescindible facer a reclamación nas oficinas correspondentes, onde lle preguntarán sobre as características de identificación, polo que as maletas deben ir marcadas cun nome, enderezo e teléfono. 

MONITORES
NA VIAXE

Ratio no viaxe de ida e volta: un monitor ou monitora por 10 participantes.
O equipo de monitores, disporá de un telefóno móbil para a súa localización cando sexa preciso.
Acompañan aos grupos de alumnos e alumnas en todo momento ata que sexan recibidos polos monitores/as en destino e irán identificados/as con unha camiseta un chaleco branco e unha camiseta rosa tal e como se ve na imaxe.

DURANTE A VIAXE

Os e as participantes recibirán unha pieza de fruta de tempada e un botellín de auga para o desplazamento en autobús privado desde Santiago de Compostela a Oporto. Este picnic irá dentro dunha gymsack de obsequio, feita en algodón 105 gr, perfecta para que a poidan usar durante toda a súa estancia.

Durante o voo, recibirán tamén manutención ata a súa chegada ao seu destino.

MONITORES
EN MÚNICH

Ratio, un monitor ou monitora por 10 participantes.
Estarán a disposición do alumnado as 24 horas do día os 7 días da semana
Acompañarán ao alumnado nas saídas programadas. Supervisarán tamén, as condicións da estancia e resolverán os problemas que poidan xurdir.
Informarannos a nos, PEARES das incidencias e incumprimentos das condicións establecidas que se puidesen producir.

O DÍA A DÍA
EN MÚNICH

O curso impártese todas as semanas de luns a venres e comeza dende as 08:30h a 14:00h.

ACTIVIDADES
EN MÚNICH

Visitas a:

  • Torre Olímpica de Múnich.
  • Castillo de Nymphenburg.
  • Lago de Stamberger.
  • Visita guiada por Múnich.

CHAMADAS E
HORARIOS

Para chamar desde Alemaña a España:
0034 + o teléfono
Para chamar dende España a Alemaña:
0049 + o teléfono.
Para a túa estancia en Alemaña recomendase comprar unha tarxeta SIM para o móbil.
En Alemaña é a mesma hora que en España.

CONTACTO

Principal vía de comunicación email (resposta máxima en 24h):

Teléfonos de incidencias/urxencias:

Evitar utilizar se non son incidencias ou urxencias, se non, non están dispoñibles para o seu verdadeiro cometido.

  • Joel: 618 177 919 (subcoordinador xeral)
  • Noemí: 646 038 818 (coordinadora xeral)
  • Juan: 637 895 831 (director xeral)

SEGURO E ACCIDENTES

No caso de accidentes, roubos ou enfermidade, terán ao equipo de monitores e coordinadore a disposición 24/7 para asistilos no que sexa necesario. O seguro de accidentes (médicos, hospitalización e farmacia) é ilimitado, gastos de viaxe segundo os gastos efectivos ocasionados (repatriación médica, transporte do falecido, billete de visita dun familiar no caso de hospitalización do asegurado e aloxamento, billete de regreso de urxencia no caso de falecemento), seguro de equipaxe (danos, perda, roubo, atraso de equipaxe) e seguro de responsabilidade civil cun importe mínimo de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €).

SEGUROS

Para a viaxe a Alemaña o/a alumno/a contará cun seguro por parte de Tourgalia Gestión S.L.

O seguro por parte de Tourgalia Gestión S.L. é ERGO. Compañía de seguros especializada en seguros de viaxes. O número de póliza é o 07622000541. En caso de necesitar asistencia, o número de teléfono de ERGO é 91 344 11 55. Ademais, os asegura@s dispoñen da APP Air Doctor para solicitar e reservar cita médica de xeito rápido. Poderán descargar a aplicación buscando Air Doctor na tenda de app do seu móvil. 

 

QUE É PEARES?

Peares, pertence a un grupo empresarial 100% galego, especializado na xestión integral de servizos nos sectores da xestión de programas formativos con 9 anos de experiencia. 

Esta liña de negocio nace da xestión do centro de inmersión lingüística dos Peares, no que se levan a cabo programas intensivos de formación en inglés dende o ano 2014. Na actualidade ademais de continuar coa actividade do centro, desenvolven programas de integración e inmersión lingüística no estranxeiro.

Peares, centro de inmersión lingüística, é un antigo poboado de Unión Fenosa, reformado co obxectivo de converterse nun centro referente na realización de programas de inmersión lingüística e que xestionan dende o ano 2014. Dende ese momento ata hoxe, foron moitas as persoas que pasaron polo centro a través de diferentes programas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies