PORTUGAL

Axudas para realizar actividades de formación lingüística durante o verán dirixidas ao alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia para mellorar a súa competencia en linguas extranxeiras.

TIMEOUT HOLIDAY CAMP,
O DESTINO.

Timeout Aventura é un proxecto idealizado dende a existencia desta marca, que despois de colaborar na organización doutros campamentos de vacacións celebrados no seu espazo, púxose en práctica no ano 2019. Atópase na unión de parroquias de Labrujó, Rendufe e Vilar do Monte a 12 km de Ponte de Lima.

O Campo de Vacacións Timeout Aventura xorde como unha alternativa a que os mozos e mozas poidan, no período das vacacións escolares ter contacto con actividades e novas persoas nun contexto seguro e pechado sempre en contacto ca natureza, permitindo a aprendizaxe e experiencias que seguramente lles darán ferramentas para converterse en adultos  con capacidade para afrontar adversidades e vivir na sociedade dun xeito proactivos e responsables. 

A concienciación sobre os participantes pola importancia de salvagardar o patrimonio histórico e natural e espertar da curiosidade e interese pola natureza, tamén o fan parte do proxecto pedagóxico. Búscase promover a interrelación familia/comunidade/institución, co fin dunha apreciación e uso de todos os recursos do medio.

 

CANDO E COMO
VAN IR ATA PORTUGAL?

UNHA QUENDA

Do 1 ao 21 de agosto.

SAÍDAS

Ás 08:00h desde a estación de tren de Santiago de Compostela (recomendamos estar con 30minutos de antelación).

VIAXE

En furgoneta privada ata o Agricultural School of Ponte de Lima ás 09:30h.

A VOLTA

Saen de Ponte de Lima ás Chegarán á 17:00h (hora portuguesa) e chegarán á estación de tren de Santiago de Compostela ás 18:00h.

A SÚA CASA
EN Ponte de Lima

Agricultural School of Ponte de Lima está situado na cidade histórica de Ponte de Lima. A unidade está situada nun contorno natural exuberante, a tan só 400 metros da zona de ribeira do río Lima.

A residencia ten 2 persoas por habitación con baño privado, sala de estar con nevera.

Impartiránse clases de portugués por un profesor da zona

15 horas semanais de clases

Avaliación inicial e final

 

OS OBXETIVOS
DESTE PROGRAMA

Timeout Aventura combina un adestramento experto en portugués cun programa completo de deportes, actividades e visitas culturais. 

Os/As profesores/as de Timeout Aventura altamente cualificados fomentan un ambiente de aprendizaxe positivo.

  1. Ofertar un curso para a mellora do dominio da lingua portuguesa dos/as participantes. 
  2. Incrementar o nivel de coñecemento da lingua portuguesa nas súas destrezas básicas: expresión oral e escrita e compresión oral e escrita. 
  3. Crear un ambiente familiar que facilite a aprendizaxe. 
  4. Fomentar a interculturalidade. 
  5. Ofrecer unha ocasión para traballar a autonomía dos/as participantes ofrecendo tres semanas de programa fora da súa zona de confort. 
  6. Fomentar a colaboración e o traballo en equipo.
  7. Traballar sobre o idioma a través dun enfoque totalmente comunicativo. 
  8. Achegar aos/as usuarios/as novidades metodolóxicas para o seu aprendizaxe continuo. 
  9. Achegar aos participantes as ferramentas para o aprendizaxe e a acreditación no eido dos coñecementos das linguas estranxeiras. 

COMO O IMOS FACER?
O NOSO MÉTODO

Ensinanza con un enfoque comunicativo creando situacións realistas nas que se poidan atopar.

Estratexias de habilidades de comprensión, exercicios de escoitar e responder e cando non se sabe a resposta, foméntase o pensamento.

Aprendizaxe activo, onde a técnica implica que expresen a súa opinión sobre un tema en particular.

Aprendizaxe da gramática portuguesa con técnicas de modelado de situacións posibles da vida.

Son clases deseñadas en torno a un tema concreto, no que aprenderán as características da comunicación en portugués.

O profesorado é nativo e profesional, e mesturan as prácticas lúdicas, creativas e interactivas.

Usamos un enfoque comunicativo, animando a que participen e se expresen espontáneamente.

As actividades están diseñadas para sacarlle o máximo rendemento á inmersión lingüística.

PREPARANDO
A VIAXE

Documentación: poderás viaxar a Portugal utilizando o teu DNI válido e o permiso de conducir, se o dispón. 

Seguro médico: debes ter a tarxeta sanitaria europea. 

Clima: o clima en Portugal é Mediterráneo, polo cál os veráns son soleados cunha media de 20ºC.

A moeda: utilizada en Portugal é o euro, polo cal non será necesario levar moito diñeiro en efectivo, xa que os bancos admiten as tarxetas bancarias utilizadas en España.

Electricidade: os enchufes de Portugal son os europeos, polo cal non é necesario comprar ningún adaptador.

Horario: en Portugal é unha hora menos con respecto a España.

Chamadas: para chamar dende España: 00 (internacional) + número de telefono. Tense que activar o Roaming nos móviles unha vez cheguen ao destino.

 

QUE LEVAR DE
EQUIPAXE

Cada participante ten dereiro a unha maleta de 23kg e un bolso de man ou mochila que está limitado a 51x40x23 cm (longo x ancho x alta).

Recomendamos levar (incluido o que leven posto) de roupa e enseres:
4 pantalóns (entre largos e cortos)
7 camisetas ou camisas
7 pares de calcetins​ e de roupa interior​
1 chándal
2 xerséis de entretempo​
1 chubasquero​ e 1 cazadora
2 pares de zapatillas cómodas
1 bañador, 1 par de chanclas e 1 toalla de piscina​
Crema solar
1 gorra
1 bolsa de aseo​

MONITORES
NA VIAXE

Ratio no viaxe de ida e volta: un monitor ou monitora por 10 participantes.
O equipo de monitores, disporá de un telefóno móbil para a súa localización cando sexa preciso.
Acompañan aos grupos de alumnos e alumnas en todo momento ata que sexan recibidos polos monitores/as en destino e irán identificados/as con unha camiseta un chaleco branco e unha camiseta rosa tal e como se ve na imaxe.

DURANTE A VIAXE

Os e as participantes recibirán unha pieza de fruta de tempada e un botellín de auga para o desplazamento en furgoneta privada ata o Albergue Xuvenil de Ponte de Lima. Este picnic irá dentro dunha gymsack de obsequio, feita en algodón 105 gr, perfecta para que a poidan usar durante toda a súa estancia.

ACTIVIDADES

Xogos de rol
Facer entrevistas
Proxectos grupais
Obradoiro interactivo
Proxección de videos
Piragüismo
Barranquismo
Stand up paddle
Escalada
Kayak
Tiro con arco
Piscina
Orientación
BTT
Rapel
Slide

MONITORES
EN PORTUGAL

Ratio: un monitor ou monitora por 10 participantes.
Estarán a disposición do alumnado as 24 horas do día os 7 días da semana.
Acompañarán ao alumnado nas saídas programadas. Supervisarán tamén, as condicións da estancia e resolverán os problemas que poidan xurdir.
Informarannos a nos, PEARES das incidencias e incumprimentos das condicións establecidas que se puidesen producir.

Ademáis, haberá un coordinador localizado en Galicia ao cargo do programa co fin de atender calquera problema que xurda no desenvolvemento da actividade.

As súas obrigas son:

1.Dirixir e supervisar todas as actividades de cada estadía.

2.Ser profesorado de reserva.

3.Entregar unha avaliación do profesorado previamente realizada polo alumnado participante de cada unha das quendas.

CHAMADAS E
HORARIOS

Para chamar desde Portugal a España:
0034 + o teléfono
Para chamar dende España a Portugal:
00351 + o teléfono.
En Portugal é -1h que en España.

CONTACTO

Principal vía de comunicación email (resposta máxima en 24h):

Teléfonos de incidencias/urxencias:

Evitar utilizar se non son incidencias ou urxencias, se non, non están dispoñibles para o seu verdadeiro cometido.

  • Joel: 618 177 919 (subcoordinador xeral)
  • Noemí: 646 038 818 (coordinadora xeral)
  • Juan: 637 895 831 (director xeral)

SEGURO E ACCIDENTES

No tocante á atención personalizada en casos de accidentes, roubos ou enfermidade, terán aos/ás monitores/as e aos/ás coordinadores/as a disposición 24/7 para asistilos no que sexa necesario. Na web estará tamén a información sobre o seguro de accidentes (médicos, hospitalización e farmacia) ilimitados, gastos de viaxe segundo os gastos efectivos ocasionados (repatriación médica, transporte do falecido, billete de visita dun familiar no caso de hospitalización do asegurado e aloxamento, billete de regreso de urxencia no caso de falecemento), seguro de equipaxe (danos, perda, roubo, atraso de equipaxe) e seguro de responsabilidade civil cun importe mínimo de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €). 

SEGUROS

Para a viaxe a Portugal, o alumado contará con dous seguros, un por parte de Tourgalia Gestion S.L. e outro por parte do centro TimeOut Aventura.

O seguro proporcionado por parte de TimeOut Aventura, é da empresa Allianz. Time Out Aventura dispón dun seguro de responsabilidade civil por importe de 50.000 €, coa póliza Nº 203502553 da empresa Allianz. 

Accidentes persoais: Segundo a lexislación aplicable, os clientes de Time Out Aventura están cubertos por un seguro de accidentes persoais por importe de 21664,20 € e 3792,24 €, coa póliza Nº 203360497 da empresa Allianz.

O seguro por parte de Tourgalia Gestion S.L. é ERGO. Compañía de seguros especializada en seguros de viaxes. O número de póliza é o 07612169352. En caso de necesitar asistencia, o número de teléfono de ERGO é 91 344 11 55. Ademáis, os asegurados dispoñen da APP Air Doctor para solicitar e reservar cita médica de xeito rápido. Poderán descargar a aplicación buscando Air Doctor na tenda de app do seu móvil. 

 

QUE É PEARES?

Peares, pertence a un grupo empresarial 100% galego, especializado na xestión integral de servizos nos sectores da xestión de programas formativos con 9 anos de experiencia. 

Esta liña de negocio nace da xestión do centro de inmersión lingüística dos Peares, no que se levan a cabo programas intensivos de formación en inglés dende o ano 2014. Na actualidade ademais de continuar coa actividade do centro, desenvolven programas de integración e inmersión lingüística no estranxeiro.

Peares, centro de inmersión lingüística, é un antigo poboado de Unión Fenosa, reformado co obxectivo de converterse nun centro referente na realización de programas de inmersión lingüística e que xestionan dende o ano 2014. Dende ese momento ata hoxe, foron moitas as persoas que pasaron polo centro a través de diferentes programas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies