FRANCIA CURSO

É un programa integral de aprendizaxe para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

Bordeos,
O DESTINO.

Bordeos, centro da famosa rexión vinícola, é unha cidade portuaria situada no río Garona, no suroeste de Francia. É coñecida pola súa catedral gótica de Saint André, as mansións dos séculos XVIII e XIX e os notables museos de arte como o Museo de Belas Artes de Burdeos. Os xardíns públicos rodean os terrapléns do río serpenteante.

 

 

CANDO E COMO
VAS IR ATA FRANCIA?

IDA E VOLTA

23 de Xullo de 2023
5 de Agosto de 2023

SAÍDAS

O voo sae o 23 de xullo do Aeroporto de Santiago de Compostela ás 11:40h. Recomendase estar ás 9:40h,

VIAXE

Hora prevista de chegada ao Aeroporto de Burdeos-Mérignac ás 13:05h.

A VOLTA

O 5 de agosto, saírase dende o aeroporto de Bordeos ás 09:45h e chegaráse a Oporto ás 10:30h (horario portugués). Unha vez en Oporto, sairá un autobús ás 11:00h e chegada a Santiago ás 14:30h.

OS VOOS DENDE
DE SDC

A IDA

Número de voo: FR 9390

OS VOOS DENDE
DE BORDEOS

A VOLTA

Número de voo: FR 4507

COMPAÑÍA AÉREA

A VOSA CASA
EN BORDEOS

O Appartcity Burdeos Chartrons goza dunha situación ideal nas inmediacións dunha parada de tranvía, o que lle permitirá chegar ao centro histórico da cidade, á Praza da Bourse e á estación de tren en 20 minutos.

Os estudos ofrecen equipamento de luxo con zona de dormitorio, baño independente, zona de cociña amoblada e equipada e un espazo de oficina con toda a conectividade necesaria e conexión gratuíta a internet. Ofrecen servizos idénticos aos dos hoteis, recepción 24 horas, almorzo, limpeza, zona de relax con sauna, hammam, ximnasio, restaurante, aparcadoiro e lavandería.

O/A profesor/a terá o almorzo incluído durante a súa estancia, daránselle 30€ ao día para comer e terán acceso a cociña do estudo para facer uso dela.

 

O Centro de formación

O Newdeal Institut de Français é unha escola independente de francés como lingua estranxeira situada en Burdeos, no centro da cidade, que ofrece cursos de francés de calidade para todos desde 2009.

Certificado e acreditado por organizacións como Label Qualité FLE, o Newdeal Institut de Français organiza durante todo o ano cursos de francés para particulares e grupos escolares, todo nun ambiente agradable e en clases de ata 12 persoas. Os seus profesores de francés cualificados e experimentados usan determinados métodos para ensinar francés de forma animada e interactiva segundo o MCER. Os seus métodos de ensino están certificados polo Selo de Calidade FLE.

O Instituto Newdeal atópase nun edificio atípico situado no número 74 e 76 da avenida Thiers no 33100 Burdeos: unha antiga fábrica de barcos, despois mesas de billar, transformada nunha escola de idiomas. Espazos modernos para unha estadía lingüística rendible, divertida e agradable.

OS OBXETIVOS
DESTE PROGRAMA

O curso está deseñado para 13 profesores/as que buscan mellorar as súas habilidades nunha serie de áreas. Os puntos máis importantes son unha revisión das mellores prácticas, ideas novas en entornos tradicionais, e aprender máis sobre o uso da tecnoloxía tanto dentro coma fora da aula. 

Os cursos combinan prácticas en pedagoxía xeral coa utilización de ferramentas prácticas en liña para a educación. Brindará aos/as participantes un repaso nas áreas de planificación de leccións, xestión da aula e coñecemento do contido, así como a introdución de algunhas innovacións na práctica que poden integrarse no contexto actual. Combínanse tarefas sincrónicas e asincrónicas para garantir que o horario se utilice da mellor maneira, esforzándose por garantir que cada participante teña unha experiencia fructífera.

  1. Coñecer de cerca a cultura francesa. 
  2. Ofertar un curso para a mellora do dominio da lingua francesa dos/as participantes.
  3. Achegar aos/as usuarios/as novidades metodolóxicas para o seu aprendizaxe continuo.
  4. Achegar aos/as participantes as ferramentas para o aprendizaxe e a acreditación no eido dos coñecementos das linguas estranxeiras. 

Ao final do curso, os/as participantes terían a oportunidade de poñer en práctica algunhas das ferramentas e métodos tratados no curso tanto dende a perspectiva do/a profesor/a coma do/a alumno/a. 

COMO O IMOS FACER?

 

A planificación e a programación das actividades didácticas terá en conta os obxectivos específicos establecidos e o perfil dos/as participantes. Para asegurar o máximo aproveitamento do curso por parte dos/das asistentes e a óptima adaptación ás súas inquietudes, os/as profesores/as de educación infantil e primaria, e secundaria e formación profesional, terán dous percorridos didácticos distintos. En concreto a oferta formativa coincidirá na metodoloxía xeral, en seminarios, actividades temáticas e culturais e nos momentos de interacción oral. 

En cambio, separarase nos momentos adicados ás técnicas de ensino específicas para as distintas idades. O método de ensino terá un carácter moi interactivo, centrado na comunicación e na participación dos/as asistentes. As horas de formación serán tamén ocasión para fomentar a interculturalidade e o coñecemento de outras culturas. As clases serán dirixidas por profesorado nativo e profesional, quen achegará ao grupo aos métodos de ensino local e ao sistema educativo francés. Animarase ao grupo á máxima participación e integración, a través da inclusión de tarefas de elaboración de material didáctico e exposicións sobre o propio país de orixe. O enfoque do curso baséase na aprendizaxe do francés mediante tarefas, recomendadas polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. 

A partir de documentos auténticos, o enfoque baséase na observación, a reflexión, a sistematización, e despois na realización dunha tarefa comunicativa (buscar aloxamento, organizar unha viaxe, expresar unha opinión, argumentar…) que require o uso do léxico e da gramática. recursos tratados na clase. A dimensión cultural e intercultural é parte integrante dos nosos cursos a través do uso de documentos auténticos a miúdo relacionados co entorno cultural da rexión e de proxectos de clase baseados na lingua e cultura francesa.

Para un seguimento óptimo, cada alumno/a dispón dun diario persoal. Inclúe o traballo realizado durante o curso, as producións corrixidas, as autoavaliacións e as memorias de fin de curso.

En calquera momento, o alumnado pode solicitar unha cita co xefe de estudos ou titor para a avaliación das súas competencias. 

En caso de dificultades, ofrécese axuda para a aprendizaxe.

Ao final do curso, unha avaliación das catro competencias permitirá medir o progreso e avaliar as competencias dos/das alumnos/as segundo a escala de niveis definida polo Consello de Europa. Ao remate do curso expedirase un certificado de nivel. 

Os/As formadores/as teñen en conta as necesidades e expectativas de todos @s participantes para ofrecer unha combinación adaptada dos módulos seguintes. 

A formación alterna entre momentos de experimentación e reflexións pedagóxicas que permiten adaptar as actividades ao seu contexto de ensinanza.

Mellorando a competencia comunicativa para o manexo dela na aula.

Apoio lingüístico para aprendizaxe integrada de contados. 

Traballo bilingüe e o fomento da interculturalidade. 

Aprendizaxe de ferramentas do traballo CLIL.

Integración das tecnoloxías da información e da comunicación no ensino CLIL.

Prácticas sobre como traballar na aula.

O NOSO MÉTODO

A planificación e a programación das actividades didácticas terá en conta os obxectivos específicos establecidos e o perfil dos/as participantes. Para asegurar o máximo aproveitamento do curso por parte dos/das asistentes e a óptima adaptación ás súas inquietudes, os/as profesores/as de educación infantil e primaria, e secundaria e formación profesional, terán dous percorridos didácticos distintos. En concreto a oferta formativa coincidirá na metodoloxía xeral, en seminarios, actividades temáticas e culturais e nos momentos de interacción oral. 

En cambio, separarase nos momentos adicados ás técnicas de ensino específicas para as distintas idades. O método de ensino terá un carácter moi interactivo, centrado na comunicación e na participación dos/as asistentes. As horas de formación serán tamén ocasión para fomentar a interculturalidade e o coñecemento de outras culturas. As clases serán dirixidas por profesorado nativo e profesional, quen achegará ao grupo aos métodos de ensino local e ao sistema educativo francés. Animarase ao grupo á máxima participación e integración, a través da inclusión de tarefas de elaboración de material didáctico e exposicións sobre o propio país de orixe. O enfoque do curso baséase na aprendizaxe do francés mediante tarefas, recomendadas polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. 

A partir de documentos auténticos, o enfoque baséase na observación, a reflexión, a sistematización, e despois na realización dunha tarefa comunicativa (buscar aloxamento, organizar unha viaxe, expresar unha opinión, argumentar…) que require o uso do léxico e da gramática. recursos tratados na clase. A dimensión cultural e intercultural é parte integrante dos nosos cursos a través do uso de documentos auténticos a miúdo relacionados co entorno cultural da rexión e de proxectos de clase baseados na lingua e cultura francesa.

Para un seguimento óptimo, cada alumno/a dispón dun diario persoal. Inclúe o traballo realizado durante o curso, as producións corrixidas, as autoavaliacións e as memorias de fin de curso.

En calquera momento, o alumnado pode solicitar unha cita co xefe de estudos ou titor para a avaliación das súas competencias. 

En caso de dificultades, ofrécese axuda para a aprendizaxe.

Ao final do curso, unha avaliación das catro competencias permitirá medir o progreso e avaliar as competencias dos/das alumnos/as segundo a escala de niveis definida polo Consello de Europa. Ao remate do curso expedirase un certificado de nivel. 

Os/As formadores/as teñen en conta as necesidades e expectativas de todos @s participantes para ofrecer unha combinación adaptada dos módulos seguintes. 

A formación alterna entre momentos de experimentación e reflexións pedagóxicas que permiten adaptar as actividades ao seu contexto de ensinanza.

ACTIVIDADES didácticas

A actividade didáctica traballará de forma paralela as catro áreas de competencias, escritura, lectura, comunicación oral, fala e escoita.

Todas as clases serán dirixidas por profesores/as nativo e titulado, con larga traxectoria no ensino de francés como lingua estranxeira. Realizaranse actividades para a mellora dos seguintes puntos:

1.Mellora das competencias de comprensión.

2.Técnicas para ensinar vocabulario, desenrolo da linguaxe, actividades de lectura e escritura.

  1. Mellora das competencias de produción.

4.Actividades de escritura e comunicación verbal, actividades para mellorar a pronunciación.

5.Competencias profesionais, implementación didáctica.

6.Promocionar a autonomía do/da alumno/a, actividades sobre como aprender facendo, estilos de aprendizaxe e habilidades de pensamento.

  1. Competencias profesionais, animar situacións de ensino, realización de actividades na aula tipo teatro e xogos, deseñar unha lección.
  2. Competencia intercultural.

9.Seminarios de literatura e cultura francesa.

Actividades baseadas na oralidade:

Todos os días realízanse sesións de conversa e análise sobre temas de actualidade, fomentando os estilos de aprendizaxe e habilidades de pensamento, así como sobre a metodoloxía específica utilizada polos profesores/as franceses/as. Ao mesmo tempo utilizaranse xogos e dinámicas de carácter lúdico para fomentar a comunicación entre os/as participantes. 

Algúns exemplos: 

  • Actividades de role playing (teatro e dramatización), na que se simularán situacións cotidianas e de conflito, adecuadas ao nivel do coñecemento do idioma polo/a profesor/a. O vocabulario que se traballará será o específico para os obxectivos marcados. 
  • Xogos de mesa adaptados para a composición de frases complexas e a asimilación de vocabulario específico. 
  • Simulación de conversas telefónicas.
  • Debates temáticos e análise e comparación de novas. 
  • Actividades orais para favorecer unha aprendizaxe autónoma. O/A docente acompaña ao alumnado no proceso de aprendizaxe. Deste xeito, os/as alumnos/as deberán construír o seu propio coñecemento, os docentes deberán intentar explicar sen dar resposta, se non facendo máis preguntas que axuden aos alumnos/as a reflexionar e atopar a súa propia resposta. 
  • Uso de metodoloxías activas, como a aprendizaxe baseada en proxectos. 

Actividades baseadas en enfoques comunicativos:

O enfoque comunicativo ten como principio o fomento da produción oral e escrita espontánea, a implicación cultural do proceso de aprendizaxe e o seu valor cívico. Todas as clases seguirán métodos baseados nesta idea, evitando os sistemas frontais e os libros de texto. Ademais dos exemplos expostas no apartado anterior, destacamos: 

 

  • Xogos de rol que traballan na competencia cultural e cívica, a cultura do cotidiano. 
  • Actividades centradas nas experiencias diarias dos/das participantes e que funcionarán de ponte entre a experiencia interna do centro e a que se vaia adquirindo fora das instalación.
  • Seminarios grupais. 
  • Uso de preguntas curiosas para animar a reflexionar.
  • Obradoiro interactivo: que ten como obxectivo o intercambio de experiencias persoais e a adquisición de competencias específicas.

LABORATORIO MULTIMEDIA

Na programación hai clases específicas sobre as técnicas utilizadas polo profesor/a de francés para o ensino a través das TICs que se desenvolverán no laboratorio multimedia da escola, como o uso de web de interese e aplicación informáticas, e o desenvolvemento do ensino electrónico. O centro de realización do curso dispón aulas adecuadas, ferramentas audiovisuais e espazos comúns que quedarán a disposición do/da profesor/a ao longo de toda a estancia. A escola terá tamén wifi de libre acceso en todas as súas zonas. O laboratorio multimedia está deseñado tanto para traballar en grupo como para fomentar o auto aprendizaxe de destrezas e compoñentes lingüísticos. Ademais de ordenadores, as aulas multimedia contan con impresora, cámara web e equipos para a dixitalización de material docente. Eiquí poderán realizar exercicios co apoio de contados audiovisuais e multimedia.

MATERIAL DIDÁCTICO

O material didáctico é maioritariamente dixital, utilizaranse ferramentas tipo MOODLE de xestión do aprendizaxe.

A acción ten lugar ou mesmo proporcionada pol@s formadores/as responsables. Desta forma queremos fomentar a aprendizaxe cooperativa, a utilización das novas tecnoloxías e achegar aos profesores/as a un método de organización do traballo que poderán seguir empregando na seu día día.

Tamén se empregarán libros de texto, de divulgación, de consulta, de actividades, fichas, cadernos de exercicios.

As fotocopias, dossieres e máis unidades didácticas que se repartan entre os/as participantes quedarán na súa propiedade.

CERTIFICADO

Ao final do programa os/as docentes reciben un certificado. Para obter un certificado, o/a alumno/a debe cumprir o rendemento e a asistencia.​

Así, e comprobando unha taxa igual a ou a asistencia supere o 75%, o/a alumno/a recibirá un certificado que indique o nivel obtido segundo os parámetros definidos polo MCER, sempre que o/a profesor/a dispoña de elementos suficientes para a avaliación.

 

ACTIVIDADES
EN Bordeos

Degustación de viños e queixos; noite de cine/debate.
Visita da cidade do viño.
Museo de Belas Artes.
Torre Pey Berland; Frecha de San Miguel.
Saída de bolos
Obradoiros de cociña francesa.
Excursión a Saint-Emilion.
Excursión á Duna do Pilar.
Teatros
Visitas aos museos de Burdeos
Excursión no Bassin d’Arcachon.
Museo de Historia Natural.

CONTACTO CON PEARES

Comunicación directa coa coordinación do programa: habilitarase un número de contacto previo ao inicio do programa, con horario de Luns a Venres de 9 a 13 h e de 16 a 19 h. Trátase dun teléfono para proporcionar información sobre o desenvolvemento da actividade. Ademais, habilitarase un mail de contacto. Unha vez iniciado o programa, habilitaranse os teléfonos 24/7 que sempre estarán atendidos por docentes do curso, un teléfono de coordinación de Peares e un teléfono de Peares 24/7. Antes de saír no aeroporto, comprobarase que todos os/as participantes teñen estos números de teléfono grabados nos seus móbiles ou localizados.

ONDE CONTACTAR

Habilitarase unha lista de difusión de whatsapp para avisos e comunicación curtas aos/as docentes. Os teléfonos e email de contacto serán facilitados despois da reunión inicial.

Teléfonos Coordinador:
Joel: +34 618177919

Teléfono 24/7:
Noemi: +34 646038818
Juan: +34 637895831

Correo electrónico: piale@centropeares.es

CHAMADAS E
HORARIOS

Para chamar desde Francia a España:
0034 + o teléfono
Para chamar dende España a Francia:
0033 + o teléfono.
Tense que activar o Roaming nos móviles unha vez cheguen ao destino.
En Francia é a mesma hora que en España.

PREPARANDO
A VIAXE

DNI ou pasaporte cunha caducidade non inferior a 6 meses.
O permiso de conducir, se o dispón.
Tarxeta sanitaria europea.
Clima: Mínimas de 15°c e máximas de 25°c.
Moeda: Euro, coma en España
Electricidade: os enchufes de Portugal son os europeos, polo cal non é necesario comprar ningún adaptador.

 

SEGUROS 

O seguro por parte de Peares é ERGO. O número de poliza é o 7631000500. En caso de necesitar asistencia, o número de teléfono é +34913441155. Ademáis, os asegurados dispoñen da app Air Doctor para solicitar e reservar cita médica de xeito rápido.

SEGURO E ACCIDENTES

No caso de accidentes, roubos ou enfermidade, terán ao equipo de monitores e coordinadore a disposición 24/7 para asistilos no que sexa necesario. O seguro de accidentes (médicos, hospitalización e farmacia) é ilimitado, gastos de viaxe segundo os gastos efectivos ocasionados (repatriación médica, transporte do falecido, billete de visita dun familiar no caso de hospitalización do asegurado e aloxamento, billete de regreso de urxencia no caso de falecemento), seguro de equipaxe (danos, perda, roubo, atraso de equipaxe) e seguro de responsabilidade civil cun importe mínimo de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €).

Maleta

Cada participante ten dereiro a unha maleta de 23kg que se facturará previo o voo. O tamaño máximo da equipaxe de man está limitado a 51x40x23 cm (longo x ancho x alta), estando tamén prohibido transportar nela: líquidos, xeles, cremas, aerosois e sprays, agás en pequenas cantidades que deben ir en pequenos recipientes cunha capacidade individual máxima de 100 ml. Os líquidos considéranse auga e outras bebidas, xaropes, cremas, locións, aceites, pasta de dentes, perfumes, xeles, contido de envases a presión como espuma de afeitar, desodorizantes e aerosois.

Cada pasaxeir@ ten que embalar estes recipientes nunha bolsa de plástico transparente con peche automático de capacidade máxima non superior a un litro (bolsa de aproximadamente 20 x 20 cm), para facilitar a inspección nos controis de seguridade. Os líquidos comprados nas tendas duty free do aeroporto son exentos, sempre que se leve a factura e estean en bolsas pechadas. Nos casos en que sexa necesario, produtos dietéticos ou medicación líquida ou en aerosol en cantidade suficiente para o voo, sempre que ir acompañado da súa receita. No caso de perda de equipaxe en calquera aeroporto, é imprescindible facer a reclamación nas oficinas correspondentes, onde lle preguntarán sobre as características de identificación, polo que as maletas deben ir marcadas cun nome, enderezo e teléfono.

QUE É PEARES?

Peares, pertence a un grupo empresarial 100% galego, especializado na xestión integral de servizos nos sectores da xestión de programas formativos con 9 anos de experiencia. 

Esta liña de negocio nace da xestión do centro de inmersión lingüística dos Peares, no que levamos a cabo programas intensivos de formación en inglés dende o ano 2014. Na actualidade ademais de continuar coa actividade do centro, desenvolvemos programas de integración e inmersión lingüística no estranxeiro.

Peares, centro de inmersión lingüística, é un antigo poboado de Unión Fenosa, reformado co obxectivo de converterse nun centro referente na realización de programas de inmersión. Dende a súa apertura ata hoxe, foron moitas as persoas que pasaron polo centro a través de diferentes programas privados ou públicos, organizados polo Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies