ALEMANIA CURSO
É un programa integral de aprendizaxe para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.


QUE É PEARES?
Peares, pertence a un grupo empresarial 100% galego, especializado na xestión integral de servizos nos sectores da xestión de programas formativos con 9 anos de experiencia.
Esta liña de negocio nace da xestión do centro de inmersión lingüística dos Peares, no que levamos a cabo programas intensivos de formación en inglés dende o ano 2014. Na actualidade ademais de continuar coa actividade do centro, desenvolvemos programas de integración e inmersión lingüística no estranxeiro.
Peares, centro de inmersión lingüística, é un antigo poboado de Unión Fenosa, reformado co obxectivo de converterse nun centro referente na realización de programas de inmersión. Dende a súa apertura ata hoxe, foron moitas as persoas que pasaron polo centro a través de diferentes programas privados ou públicos, organizados polo Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia.
OS OBXETIVOS
DESTE PROGRAMA

O curso está dirixido a un grupo de 5 profesores/as de alemán, de educación infantil e primaria; educación secundaria, formación profesional e EOI.
- Coñecer de cerca a cultura alemaña.
- Ofertar un curso para a mellora do dominio da lingua alemaña dos/as participantes.
- Achegar aos/as usuarios/as novidades metodolóxicas para o seu aprendizaxe continuo.
- Achegar aos participantes as ferramentas para o aprendizaxe e a acreditación no eido dos coñecementos das linguas estranxeiras.
- Mellorar a competencia comunicativa dos/das profesores.
- Aprendizaxe da lingua.
- Desenvolvemento da competencia comunicativa co alumnado.
- Fomentar a interculturalidade.
- Aprendizaxe de modos de traballar a lingua alemaña.
- Integrar as tecnoloxías da información e da comunicación no ensino do alemán.
- Realización de prácticas sobre como traballar na aula.
COMO O IMOS FACER?
A planificación e a programación das actividades didácticas terá en conta os obxectivos específicos establecidos e o perfil dos/das participantes. Para asegurar o máximo aproveitamento do curso por parte dos/das asistentes e a óptima adaptación ás súas inquietudes, os/as profesores/as de educación infantil e primaria, e secundaria e formación profesional, terán dous percorridos didácticos distintos.
En concreto a oferta formativa coincidirá na metodoloxía xeral, en seminarios, actividades temáticas e culturais e nos momentos de interacción oral. En cambio, separarase nos momentos adicados ás técnicas de ensino específicas para as distintas idades. O método de ensino terá un carácter moi interactivo, centrado na comunicación e na participación dos/das asistentes. As horas de formación serán tamén ocasión para fomentar a interculturalidade e o coñecemento de outras culturas.
As clases serán dirixidas por profesores/as nativos e profesionais quenes achegarán ó grupo os métodos de ensino local e o sistema educativo alemán.
Animarase ao grupo á máxima participación e integración, a través da inclusión de tarefas de elaboración de material didáctico e exposicións sobre o propio país de orixe.
O NOSO MÉTODO

Ensinanza con un enfoque comunicativo. Onde se practicarán técnicas para axudar aos/as alumnos/as a comunicarse de maneira máis efectiva e correcta en situacións realistas nas que se atopen.

Práctica de estratexias para mellorar as habilidades de comprensión e as habilidades produtivas. Onde se practicarán exercicios de escoitar e responder. Por exemplo, nun exercicio de lectura dun texto, desenrolaranse unha serie de preguntas sinxelas que inviten a buscar respostas sinxelas, incluso cando non se sabe a resposta, foméntase o pensamento, o feito de facer suposicións ou simplemente escusarse en alemán, tal e como sucede na vida cotiá.

Ensinanza con un enfoque de aprendizaxe activo. Onde a técnica implica interactividade, varias formas de xogo. A ensinanza baséase en alentar aos/ás alumnos/as a que expresen a súa opinión sobre un tema en particular, desenrolando así o pensamento nun idioma estranxeiro e ampliando o vocabulario. Esta metodoloxía empregarase para acadar obxectivos coma mellora da comunicación, para traballar a pronunciación e o vocabulario.

Aprendizaxe da gramática alemá empregando técnicas de modelado de situacións. No transcurso de aprendizaxe de alemán, créanse diversas situacións posibles da vida. Os/As alumnos/as ao pasalos, repoñen o seu vocabulario e sintaxe.
MUNICH,
O DESTINO.
Múnich, unha cidade cosmopolita con corazón, encantadora e relaxada, animada e soñadora ao mesmo tempo. Múnich é a capital do estilo de vida de Alemaña e ten unha das prazas máis fermosas do país, Marienplatz, o centro de Múnich coa Cidade Vella e a Nova.
O seu famoso carillón forma parte da cidade tanto como a Hofbräuhaus e a Frauenkirche coas súas cúpulas verdes. Un paseo polo Viktualienmarkt é unha festa para os sentidos. E en nobres rúas comerciais como Ludwigstraße ou Maximilianstraße podes atopar de todo. Os barrios de moda de Múnich, Glockenbachviertel e Gärtnerplatz, son sempre máis baratos, pero aínda máis animados.

CANDO E COMO
VAS IR ATA Alemaña?

IDA E VOLTA
16 de xullo de 2023
29 de xullo de 2023

SAÍDAS
Ás 07:00h desde a estación de tren de Santiago de Compostela (Recomendamos estar 30 minutos antes).

VIAXE
En furgoneta privada de SDC a Oporto. A hora de chegada ao aeroporto de Oporto é ás 09:00h (horario portugués). A hora da saída do voo é as 11:10h (horario portugués) e de chegada a Múnich ás 13:55h.

A VOLTA
Saírase dende o aeroporto de Múnich ás 21:20h e a hora de chegada do voo a Oporto é ás 23:25h (horario portugués). Desde Oporto a SDC en furgoneta privada. A hora de saída é ás 24:00h (horario portugués) e de chegada á estación de tren de Santiago ás 02:30h do 30 de xullo.
OS VOOS DENDE
DE OPORTO
A IDA
Número de voo: LH1783
OS VOOS DENDE
DE MÚNICH
A VOLTA
Número de voo: LH1788
COMPAÑÍA AÉREA
A VOSA CASA
EN MÚNICH
O WunderLocke encontrase no distrito Thalkirchen – Obersendling – Forstenried – Fürstenried – Solln de Múnich.
O aloxamento farase en estudios con cociña e baño privado. Hai wifi gratuíta en todas as instalacións. Todos os aloxamentos dispoñen de baño privado con ducha, aire acondicionado, TV de pantalla plana e nevera. A cociña está equipada con lavalouzas, microondas, fogóns e hervidor de auga. Asamkirche atópase a 6,4 km do aparthotel, mentres que Marienplatz está a 6,5 km.
Entregaranse 30€ por día para as comidas.
O Centro de formación
DID especializouse na ensinanza do alemán como lingua estranxeira dende 1870. Ensinan alemán en institutos para adultos que están abertos todo o ano e que ofrecen cursos de alemán en todos os niveis. Con 50 anos de experiencia, ofrecen excelentes cursos de alemán como lingua estranxeira a estudantes de todo o mundo. Podes estar seguro de que atoparás profesores/as cualificados/as e un currículo eficaz e atractivo.
Ofertarase un curso intensivo de 24 leccións por semana que se centra en desenrolar as habilidades principais de ler, escribir, escoitar e falar.Aprenderán alemán de xeito metódico orientado a uns obxectivos e conseguiranse rápidos progesos.
Ponse énfases no uso práctico da lingua en situacións cotidiáns, profesionais e de estudio.
DID ten os seguintes espazos:
- Aulas luminosas e ordenadas.
- Conexión Wi-Fi gratuíta.
- Cibercafé con ordenadores.
- Acceso de ordenador portátil mediante cable de R.
- Centro de aprendizaxe con materiais didácticos modernos.
- Cafetería con máquinas expendedoras de aperitivos e bebidas.
- Gran terrazana azotea con mesas de ping pong.
- Ubicación central cercada estación central de tren de Múnich.
O DID conta cas seguintes certificacións:
ACTIVIDADES didácticas
A actividade didáctica traballará de forma paralela as catro áreas de competencias, escritura, lectura, comunicación oral, fala e escoita.
Todas as clases serán dirixidas por profesores/as nativos/as e titulados/as, con larga traxectoria no ensino do alemán como lingua estranxeira. Realizaranse actividades para a mellora dos seguintes puntos:
1.Mellora das competencias de comprensión.
2.Técnicas para ensinar vocabulario, desenrolo da linguaxe, actividades de lectura e escritura.
- Mellora das competencias de produción.
4.Actividades de escritura e comunicación verbal, actividades para mellorar a pronunciación.
5.Competencias profesionais, implementación didáctica.
6.Promocionar a autonomía do alumnado, actividades sobre como aprender facendo, estilos de aprendizaxe e habilidades de pensamento.
7.Competencias profesionais, animar situacións de ensino, realización de actividades na aula tipo teatro e xogos, deseñar unha lección.
8.Competencia intercultural.
9.Seminarios de literatura e cultura alemá.
Actividades baseadas na oralidade:
Todos os días realízanse sesións de conversa e análise sobre temas de actualidade, fomentando os estilos de aprendizaxe e habilidades de pensamento, así como sobre a metodoloxía específica utilizada polo profesor/a alemán. Ao mesmo tempo utilizaranse xogos e dinámicas de carácter lúdico para fomentar a comunicación entre os/as participantes.
Algúns exemplos:
Actividades de role playing (teatro e dramatización), na que se simularán situacións cotidianas e de conflito, adecuadas ao nivel do coñecemento do idioma polo profesor/a. O vocabulario que se traballará será o específico para os obxectivos marcados.
Xogos de mesa adaptados para a composición de frases complexas e a asimilación de vocabulario específico.
Simulación de conversas telefónicas.
Debates temáticos e análise e comparación de novas.
Actividades orais para favorecer unha aprendizaxe autónoma. O/A docente acompaña ao alumnado no proceso de aprendizaxe. Deste xeito, os/as alumnos/as deberán construír o seu propio coñecemento, os/as docentes deberán intentar explicar sen dar resposta, se non facendo máis preguntas que axuden aos alumnos/as a reflexionar e atopar a súa propia resposta.
Uso de metodoloxías activas, como a aprendizaxe baseada en proxectos.
Actividades baseadas en enfoques comunicativos:
O enfoque comunicativo ten como principio o fomento da produción oral e escrita espontánea, a implicación cultural do proceso de aprendizaxe e o seu valor cívico. Todas as clases seguirán métodos baseados nesta idea, evitando os sistemas frontais e os libros de texto. Ademais dos exemplos expostas no apartado anterior, destacamos:
Xogos de rol que traballan na competencia cultural e cívica, a cultura do cotidiano.
Actividades centradas nas experiencias diarias dos participantes e que funcionarán de ponte entre a experiencia interna do centro e a que se vaia adquirindo fora das instalación.
Seminarios grupais.
Uso de preguntas curiosas para animar a reflexionar.
Obradoiro interactivo: que ten como obxectivo o intercambio de experiecias persoais e a adquisición de competencias específicas.
LABORATORIO MULTIMEDIA
Na programación hai clases específicas sobre as técnicas utilizadas polo/a profesor/a alemán para o ensino a través das TICs que se desenvolverán no laboratorio multimedia da escola, como o uso de webs de interese e aplicación informáticas, e o desenrolo do ensino electrónico. O centro de realización do curso dispón aulas adecuadas, ferramentas audiovisuais e espazos comúns que quedarán a disposición do/a profesor/a ao longo de toda a estancia.
A escola terá tamén wifi de libre acceso en todas as súas zonas. O laboratorio multimedia está deseñado tanto para traballar en grupo como para fomentar o auto aprendizaxe de destrezas e compoñentes lingüísticos. Ademais de ordenadores, as aulas multimedia contan con impresora, cámara web e equipos para a dixitalización de material docente. Aquí poderán realizar exercicios co apoio de contados audiovisuais e multimedia.
Neste módulo propóñense técnicas de aprendizaxe de alemán mediante a escoita, como por exemplo a través de canais de Youtube, locutores de radios alemáns, películas. Axúdase a buscar temas que atraian aos/ás alumnos/as e poder trasladar estas técnicas a unha clase. Adestrar o oído con contidos que resulten interesantes é moi importante para fomentar a aprendizaxe. Monólogos, conversas cotiás, música, ciencias, viaxes, gastronomía, nutrición, saúde, deporte, tecnoloxía, cine, libros, blogs, páxinas web, etc, hai moitas temáticas que poden espertar o interese do alumnado. Na programación do curso inclúese unha sesión de elaboración de ESP blog (proxecto de publicación académica electrónica).
MATERIAL DIDÁCTICO
O material didáctico é maioritariamente dixital, utilizaranse ferramentas tipo MOODLE de xestión do aprendizaxe. A acción ten lugar ou mesmo proporcionada polos/as formadores/as responsables. Desta forma queremos fomentar a aprendizaxe cooperativa, a utilización das novas tecnoloxías e achegar aos profesores/as a un método de organización do traballo que poderán seguir empregando na seu día día.
Tamén se empregarán libros de texto, de divulgación, de consulta, de actividades, fichas, cadernos de exercicios. As fotocopias, dossieres e máis unidades didácticas que se repartan entre os/as participantes quedarán na súa propiedade.
Actualmente, estanse a usar os seguintes materiais didácticos:
Libros de curso Netzwerk A1, Netzwerk A2, Netzwerk B1, Kontext B2, Aspekte neu C1, Erkundungen C2.
Follas de traballo, periódico e revistas.
Material de audio e vídeo.
Os libros do curso non están incluídos, podéndose comprar no centro.

CERTIFICADO
Ao final do programa reciben un certificado. Para obter un certificado, o alumno/a debe cumprir o rendemento e a asistencia.
ACTIVIDADES
EN MÚnich
Visita á Torre Olímpica de Múnich.
Visita ó Castelo de Nymphenburg.
Visita ó Lago de Stamberger.
Visita guiada por Múnich.
CONTACTO CON PEARES
Comunicación directa coa coordinación do programa: habilitarase un número de contacto previo ao inicio do programa, con horario de Luns a Venres de 9 a 13 h e de 16 a 19 h. Trátase dun teléfono para proporcionar información sobre o desenvolvemento da actividade. Ademais, habilitarase un mail de contacto. Unha vez iniciado o programa, habilitaranse os teléfonos 24/7 que sempre estarán atendidos por docentes do curso, un teléfono de coordinación de Peares e un teléfono de Peares 24/7. Antes de saír no aeroporto, comprobarase que todos os/as participantes teñen estos números de teléfono grabados nos seus móbiles ou localizados.
ONDE CONTACTAR
Habilitarase unha lista de difusión de whatsapp para avisos e comunicación curtas aos/as docentes. Os teléfonos e email de contacto serán facilitados despois da reunión inicial.
Teléfonos Coordinador:
Joel: +34 618177919
Teléfono 24/7:
Noemi: +34 646038818
Juan: +34 637895831
Correo electrónico: piale@centropeares.es
CHAMADAS E
HORARIOS
Para chamar desde Alemaña a España:
0034 + o teléfono
Para chamar dende España a Alemaña:
0049 + o teléfono.
Tense que activar o Roaming nos móviles unha vez cheguen ao destino.
En Alemaña é a mesma hora que en España.
PREPARANDO
A VIAXE
DNI ou pasaporte cunha caducidade non inferior a 6 meses.
O permiso de conducir, se o dispón.
Tarxeta sanitaria europea.
Clima: en Alemaña en xullo ten temperaturas baixas de 15 °C e máximas de 25 °C. É a temperatura perfecta para explorar Alemaña sen sentir demasiado calor nin demasiado frío. Podes esperar de 3 a 8 días de choiva en Alemaña durante o mes de Xullo. É unha boa idea levar sempre un paraugas para que a choiva non te colla por sorpresa.
Moeda: Euro, coma en España
Electricidade: os enchufes de Portugal son os europeos, polo cal non é necesario comprar ningún adaptador.
SEGUROS
O seguro por parte de Peares é ERGO. O número de poliza é o 7631000500. En caso de necesitar asistencia, o número de teléfono é +34913441155. Ademáis, os asegurados dispoñen da app Air Doctor para solicitar e reservar cita médica de xeito rápido.
SEGURO E ACCIDENTES
No caso de accidentes, roubos ou enfermidade, terán ao equipo de monitores e coordinadore a disposición 24/7 para asistilos no que sexa necesario. O seguro de accidentes (médicos, hospitalización e farmacia) é ilimitado, gastos de viaxe segundo os gastos efectivos ocasionados (repatriación médica, transporte do falecido, billete de visita dun familiar no caso de hospitalización do asegurado e aloxamento, billete de regreso de urxencia no caso de falecemento), seguro de equipaxe (danos, perda, roubo, atraso de equipaxe) e seguro de responsabilidade civil cun importe mínimo de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €).
Maleta
Cada participante ten dereiro a unha maleta de 23kg que se facturará previo o voo. O tamaño máximo da equipaxe de man está limitado a 51x40x23 cm (longo x ancho x alta), estando tamén prohibido transportar nela: líquidos, xeles, cremas, aerosois e sprays, agás en pequenas cantidades que deben ir en pequenos recipientes cunha capacidade individual máxima de 100 ml. Os líquidos considéranse auga e outras bebidas, xaropes, cremas, locións, aceites, pasta de dentes, perfumes, xeles, contido de envases a presión como espuma de afeitar, desodorizantes e aerosois.
Cada pasaxeir@ ten que embalar estes recipientes nunha bolsa de plástico transparente con peche automático de capacidade máxima non superior a un litro (bolsa de aproximadamente 20 x 20 cm), para facilitar a inspección nos controis de seguridade. Os líquidos comprados nas tendas duty free do aeroporto son exentos, sempre que se leve a factura e estean en bolsas pechadas. Nos casos en que sexa necesario, produtos dietéticos ou medicación líquida ou en aerosol en cantidade suficiente para o voo, sempre que ir acompañado da súa receita. No caso de perda de equipaxe en calquera aeroporto, é imprescindible facer a reclamación nas oficinas correspondentes, onde lle preguntarán sobre as características de identificación, polo que as maletas deben ir marcadas cun nome, enderezo e teléfono.