PORTUGAL CURSO
É un programa integral de aprendizaxe para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

Braga,
O DESTINO.
Braga, a terceira cidade de Portugal, é coñecida por ser unha cidade nova e tradicional, chea de lugares para visitar. Este lugar caracterízase polas súas fermosas e tranquilas prazas, numerosas rúas antigas pechadas ao tráfico rodado e unha gran variedade de igrexas barrocas monumentais que lembran os pintorescos costumes relixiosos da poboación local.
Esta cidade é famosa en todo o país polas súas famosas festas relixiosas, de feito, é considerada o principal centro relixioso de Portugal, pero Braga ofrece moito máis que igrexas barrocas e eventos relixiosos, tamén ten impresionantes fachadas antigas cheas de animadas cafeterías e amplas cun entorno encantador; casas históricas do século XVIII e fermosos xardíns.
Braga é unha cidade histórica. Os romanos xa lle chamaban Bracara Augusta, e durante o século XII foi sede do episcopado portugués. A súa vasta historia enténdese polos numerosos monumentos e igrexas, a máis relevante é a Catedral de Braga, xa que amosa diversos estilos arquitectónicos, que van dende o románico ata o barroco.

CANDO E COMO
VAS IR ATA PORTUGAL?

IDA E VOLTA
16 de xullo de 2023
29 de xullo de 2023

SAÍDAS
Ás 12:00h desde a estación de tren de Santiago de Compostela (Recomendamos estar 30 minutos antes).

VIAXE
En minibús ata Braga con unha parada en Ponte de Lima para xantar e aproveitar para dar un paseo e coñecer o lugar. A hora prevista de chegada a Braga é as 19:00h.

A VOLTA
A saída as 10:00h, haberá unha parada en Gerês para xantar e coñecer o lugar e chegaredes de novo á estación de tren de Santiago de Compostela sobre as 18:00h.
A VOSA CASA
EN Braga
O aloxamento farase en apartamentos ca empresa House and People en Braga.
Cada habitación conta con baño privado.
Todas as casas teñen Wifi, e cambio de sabanas e limpeza semanal.
A distancia dende o aloxamento ata a Universidade é de aproximadamente 25 minutos.
Daranse 35€ diarios a cada profesor/a para as comidas, os días de viaxe contarán como medio día.
Cada profesor/a recibirá un pase para poder utilizar o transporte público.

O CENTRO de formación
O curso realizarase en colaboración co centro BabeliUM, pola Universidade de Braga. Fundouse o 26 de Setembro de 2009, Día Europeo das Linguas, que se celebra anualmente con accións para promover o plurilingüismo, motivando as persoas a aprender idiomas.
BabeliUM ten como finalidade o desenvolvemento de proxectos formativos e a promoción de linguas e culturas, así como outras actividades de interacción coa sociedade, cumprindo así coas políticas europeas de multilingüismo da Universidade de Minho.
Pola súa pertenza ao Consello Europeo das Linguas (CEL/ELC), en 2006, e a súa participación en varios proxectos dunha rede europea no ámbito da aprendizaxe de linguas ao longo da vida, a Universidade do Minho cumpre, a través de ELACH e, dende 2009, o seu Centro de Linguas, BabeliUM, un papel dinámico no marco estratéxico para o plurilingüismo e a interculturalidade, contribuíndo así á política de Portugal como Estado membro da Unión Europea. Todos os docentes de Portugal teñen un título universitario máis unha ensinanza recoñecida.
BabeliUM ten os seguintes espazos:
Unha oficina de xestión; B. Unha secretaría de servizos administrativos e atención ao cliente; C. Aulas adscritas a BabeliUM; D. Unha oficina para colaboradores de BabeliUM.
Babelium ten 3 comedores: – Gualtar -St. Chave – Congregados Snack-Bar.
O centro Babelium ten: xardín, centro de acceso libre dotado con ordenadores e un/unha profesor/a permanente para axudar e asistir ás necesidades e requirimentos d@s participantes no programa.
Estas instalacións dispoñen de recursos informáticos e audiovisuais que posibilitan unha ensinanza de calidade, facilitando o acceso do profesorado participante a estas instalacións. A conexión a Internet é gratuíta para o profesorado participante no programa: o centro dará ao profesorado unha clave de acceso a Internet. Así mesmo, facilitarse o acceso ao dominio www.edu.xunta.gal
Os cursos de idiomas BabeliUM identifícanse segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (QECRL), sendo expedido, ao final da formación, e en función do éxito e asistencia d@ estudante, un certificado nivel segundo o MCER. O MCER describe o dominio da lingua estranxeira en seis niveis: A1, A2, B1, B2, C1 e C2, e constitúe a base para o recoñecemento internacional das habilidades comunicativas, que facilita a mobilidade de estudantes e profesionais. O MCER contempla a avaliación de cinco competencias lingüísticas, a saber: comprensión oral, comprensión lectora,interacción oral, produción e escritura oral.
COMO O IMOS FACER?
A planificación e a programación das actividades didácticas terá en conta os obxectivos específicos establecidos e o perfil d@s participantes. Para asegurar o máximo aproveitamento do curso por parte dos/das asistentes e a óptima adaptación ás súas inquietudes, os/as profesores/as de educación infantil e primaria, e secundaria e formación profesional, terán dous percorridos didácticos distintos.
En concreto a oferta formativa coincidirá na metodoloxía xeral, en seminarios, actividades temáticas e culturais e nos momentos de interacción oral. En cambio, separarase nos momentos adicados ás técnicas de ensino específicas para as distintas idades. O método de ensino terá un carácter moi interactivo, centrado na comunicación e na participación d@s asistentes. As horas de formación serán tamén ocasión para fomentar a interculturalidade e o coñecemento de outras culturas.
As clases serán dirixidas por profesorado nativo e profesional, quen achegará ao grupo aos métodos de ensino local e ao sistema educativo portugués.
Animarase ao grupo á máxima participación e integración, a través da inclusión de tarefas de elaboración de material didáctico e exposicións sobre o propio país de orixe.
O día 17 de jullo, Sesión de Bienvenida ás 9h na sala de reunións n.º1 da ELACH;
Non haberá prova de nível
OS OBXETIVOS
DESTE PROGRAMA

O curso está dirixido a un grupo de 8 docentes de portugués, de educación infantil e primaria; educación secundaria, formación profesional e EOI.
- Coñecer de cerca a cultura portuguesa.
- Ofertar un curso para a mellora do dominio da lingua portuguesa d@s participantes.
- Achegar aos usuarios novidades metodolóxicas para o seu aprendizaxe continuo.
- Achegar aos/as participantes as ferramentas para o aprendizaxe e a acreditación no eido dos coñecementos das linguas estranxeiras.
- Mellorar a competencia comunicativa do profesorado.
- Aprendizaxe da lingua.
- Desenvolvemento da competencia comunicativa co alumnado.
- Fomentar a interculturalidade.
- Aprendizaxe de modos de traballar a lingua portuguesa.
- Integrar as tecnoloxías da información e da comunicación no ensino do portugués.
- Realización de prácticas sobre como traballar na aula.
O NOSO MÉTODO

Ensinanza con un enfoque comunicativo. Onde se practicarán técnicas para axudar aos/as alumnos/as a comunicarse de maneira máis efectiva e correcta en situacións realistas nas que se atopen.

1.Práctica de estratexias para mellorar as habilidades de comprensión e as habilidades produtivas. Onde se practicarán exercicios de escoitar e responder. Por exemplo, nun exercicio de lectura dun texto, desenrolaranse unha serie de preguntas sinxelas que inviten a buscar respostas sinxelas, incluso cando non se sabe a resposta, foméntase o pensamento, o feito de facer suposicións ou simplemente escusarse en portugués, tal e como sucede na vida cotiá.

Ensinanza con un enfoque de aprendizaxe activo. Onde a técnica implica interactividade, varias formas de xogo. A ensinanza baséase en alentar aos/ás alumnos/as a que expresen a súa opinión sobre un tema en particular, desenrolando así o pensamento nun idioma estranxeiro e ampliando o vocabulario. Esta metodoloxía empregarase para acadar obxectivos coma mellora da comunicación, para traballar a pronunciación e o vocabulario.

Aprendizaxe da gramática portuguesa empregando técnicas de modelado de situacións. No transcurso de aprendizaxe de portugués, créanse diversas situacións posibles da vida. Os/As alumnos/as ao pasalos, repoñen o seu vocabulario e sintaxe.
ACTIVIDADES didácticas
A actividade didáctica traballará de forma paralela as catro áreas de competencias, escritura, lectura, comunicación oral, fala e escoita.
Todas as clases serán dirixidas por profesorado nativo e titulado, con larga traxectoria no ensino do portugués como lingua estranxeira. Realizaranse actividades para a mellora dos seguintes puntos:
- Mellora das competencias de comprensión.
- Técnicas para ensinar vocabulario, desenrolo da linguaxe, actividades de lectura e escritura.
- Mellora das competencias de produción.
- Actividades de escritura e comunicación verbal, actividades para mellorar a pronunciación.
- Competencias profesionais, implementación didáctica.
- Promocionar a autonomía do alumnado, actividades sobre como aprender facendo, estilos de aprendizaxe e habilidades de pensamento.
- Competencias profesionais, animar situacións de ensino, realización de actividades na aula tipo teatro e xogos, deseñar unha lección.
- Competencia intercultural.
- Seminarios de literatura e cultura portuguesa.
Actividades baseadas na oralidade:
Todos os días realízanse sesións de conversa e análise sobre temas de actualidade, fomentando os estilos de aprendizaxe e habilidades de pensamento, así como sobre a metodoloxía específica utilizada polo profesorado portugués. Ao mesmo tempo utilizaranse xogos e dinámicas de carácter lúdico para fomentar a comunicación entre os/as participantes.
Algúns exemplos:
Actividades de role playing (teatro e dramatización), na que se simularán situacións cotidíanas e de conflito, adecuadas ao nivel do coñecemento do idioma polo profesorado. O vocabulario que se traballará será o específico para os obxectivos marcados.
Xogos de mesa adaptados para a composición de frases complexas e a asimilación de vocabulario específico.
Simulación de conversas telefónicas.
Debates temáticos e análise e comparación de novas.
Actividades orais para favorecer unha aprendizaxe autónoma. O/A docente acompaña ao alumnado no proceso de aprendizaxe. Deste xeito, os/as alumnos/as deberán construír o seu propio coñecemento, os docentes deberán intentar explicar sen dar resposta, se non facendo máis preguntas que axuden aos alumnos/as a reflexionar e atopar a súa propia resposta.
Uso de metodoloxías activas, como a aprendizaxe baseada en proxectos.
Actividades baseadas en enfoques comunicativos:
O enfoque comunicativo ten como principio o fomento da produción oral e escrita espontánea, a implicación cultural do proceso de aprendizaxe e o seu valor cívico. Todas as clases seguirán métodos baseados nesta idea, evitando os sistemas frontais e os libros de texto. Ademais dos exemplos expostas no apartado anterior, destacamos:
Xogos de rol que traballan na competencia cultural e cívica, a cultura do cotidíano.
Actividades centradas nas experiencias diarias d@s participantes e que funcionarán de ponte entre a experiencia interna do centro e a que se vaia adquirindo fora das instalación.
Seminarios grupais.
Uso de preguntas curiosas para animar a reflexionar.
Obradoiro interactivo: que ten como obxectivo o intercambio de experiencias persoais e a adquisición de competencias específicas.
LABORATORIO MULTIMEDIA
Na programación hai clases específicas sobre as técnicas utilizadas polo/a profesor/a alemán para o ensino a través das TICs que se desenvolverán no laboratorio multimedia da escola, como o uso de webs de interese e aplicación informáticas, e o desenrolo do ensino electrónico. O centro de realización do curso dispón aulas adecuadas, ferramentas audiovisuais e espazos comúns que quedarán a disposición do/a profesor/a ao longo de toda a estancia.
A escola terá tamén wifi de libre acceso en todas as súas zonas. O laboratorio multimedia está deseñado tanto para traballar en grupo como para fomentar o auto aprendizaxe de destrezas e compoñentes lingüísticos. Ademais de ordenadores, as aulas multimedia contan con impresora, cámara web e equipos para a dixitalización de material docente. Aquí poderán realizar exercicios co apoio de contados audiovisuais e multimedia.
Neste módulo propóñense técnicas de aprendizaxe de alemán mediante a escoita, como por exemplo a través de canais de Youtube, locutores de radios alemáns, películas. Axúdase a buscar temas que atraian aos/ás alumnos/as e poder trasladar estas técnicas a unha clase. Adestrar o oído con contidos que resulten interesantes é moi importante para fomentar a aprendizaxe. Monólogos, conversas cotiás, música, ciencias, viaxes, gastronomía, nutrición, saúde, deporte, tecnoloxía, cine, libros, blogs, páxinas web, etc, hai moitas temáticas que poden espertar o interese do alumnado. Na programación do curso inclúese unha sesión de elaboración de ESP blog (proxecto de publicación académica electrónica).
MATERIAL DIDÁCTICO
O material didáctico é maioritariamente dixital, utilizaranse ferramentas tipo MOODLE de xestión do aprendizaxe. A acción ten lugar ou mesmo proporcionada polos formadores responsables. Desta forma queremos fomentar a aprendizaxe cooperativa, a utilización das novas tecnoloxías e achegar aos profesores/as a un método de organización do traballo que poderán seguir empregando na seu día día.
Tamén se empregarán libros de texto, de divulgación, de consulta, de actividades, fichas, cadernos de exercicios.
As fotocopias, dossieres e máis unidades didácticas que se repartan entre os participantes quedarán na súa propiedade.

CERTIFICADO
Ao final do programa reciben un certificado. Para obter un certificado, o alumno/a debe cumprir o rendemento e a asistencia.
ACTIVIDADES
EN Braga
Os/As participantes no programa poderán asistir a tres conferencias semanais en horario de tarde.
Ofrécese acceso ilimitado a sala de cine onde se poden reproducir películas en portugués.
Ofrécese acceso ilimitado ao ximnasio. Ofrécese acceso ilimitado á biblioteca.
3 visitas de estudo de media xornada (por exemplo, ao Centro Histórico de Braga, ao Mosteiro de Tibães, ao Museo Biscainhos ou ao Museo Romanos de Braga e D. Diogo de Sousa).
Visitas de 1 día completo (como Porto, Viana do Castelo ou o Parque Nacional da Peneda – Gerês).
Actividades deportivas prestadas polos servizos deportivos da universidade de Minho.
CONTACTO CON PEARES
Comunicación directa coa coordinación do programa: habilitarase un número de contacto previo ao inicio do programa, con horario de Luns a Venres de 9 a 13 h e de 16 a 19 h. Trátase dun teléfono para proporcionar información sobre o desenvolvemento da actividade. Ademais, habilitarase un mail de contacto. Unha vez iniciado o programa, habilitaranse os teléfonos 24/7 que sempre estarán atendidos por docentes do curso, un teléfono de coordinación de Peares e un teléfono de Peares 24/7. Antes de saír no aeroporto, comprobarase que todos os/as participantes teñen estos números de teléfono grabados nos seus móbiles ou localizados.
ONDE CONTACTAR
Habilitarase unha lista de difusión de whatsapp para avisos e comunicación curtas aos/as docentes. Os teléfonos e email de contacto serán facilitados despois da reunión inicial.
Teléfonos Coordinador:
Joel: +34 618177919
Teléfono 24/7:
Noemi: +34 646038818
Juan: +34 637895831
Correo electrónico: piale@centropeares.es
Persoa responsable BabeliUM:
Emilia: +35 253 601 662.
CHAMADAS E
HORARIOS
Para chamar desde Portugal a España:
0034 + o teléfono
Para chamar dende España a Portugal:
00351 + o teléfono.
Tense que activar o Roaming nos móviles unha vez cheguen ao destino.
En Portugal é unha hora menos que en España.
PREPARANDO
A VIAXE
DNI ou pasaporte.
O permiso de conducir, se o dispón.
Tarxeta sanitaria europea.
Clima: o clima en Portugal é Mediterráneo, polo cal os veraos son soleados cunha media de 20ºC.
Moeda: Euro, coma en España
Electricidade: os enchufes de Portugal son os europeos, polo cal non é necesario comprar ningún adaptador.
Maleta
Cada participante ten dereiro a unha maleta de 23kg e un equipaxe de man que está limitado a 51x40x23 cm (longo x ancho x alta).
SEGUROS
O seguro por parte de Peares é ERGO. O número de poliza é o 7631000500. En caso de necesitar asistencia, o número de teléfono é +34913441155. Ademáis, os asegurados dispoñen da app Air Doctor para solicitar e reservar cita médica de xeito rápido.
SEGURO E ACCIDENTES
No caso de accidentes, roubos ou enfermidade, terán ao equipo de monitores e coordinadore a disposición 24/7 para asistilos no que sexa necesario. O seguro de accidentes (médicos, hospitalización e farmacia) é ilimitado, gastos de viaxe segundo os gastos efectivos ocasionados (repatriación médica, transporte do falecido, billete de visita dun familiar no caso de hospitalización do asegurado e aloxamento, billete de regreso de urxencia no caso de falecemento), seguro de equipaxe (danos, perda, roubo, atraso de equipaxe) e seguro de responsabilidade civil cun importe mínimo de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €).

QUE É PEARES?
Peares, pertence a un grupo empresarial 100% galego, especializado na xestión integral de servizos nos sectores da xestión de programas formativos con 9 anos de experiencia.
Esta liña de negocio nace da xestión do centro de inmersión lingüística dos Peares, no que levamos a cabo programas intensivos de formación en inglés dende o ano 2014. Na actualidade ademais de continuar coa actividade do centro, desenvolvemos programas de integración e inmersión lingüística no estranxeiro.
Peares, centro de inmersión lingüística, é un antigo poboado de Unión Fenosa, reformado co obxectivo de converterse nun centro referente na realización de programas de inmersión. Dende a súa apertura ata hoxe, foron moitas as persoas que pasaron polo centro a través de diferentes programas privados ou públicos, organizados polo Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia.