PORTUGAL

É un programa integral de aprendizaxe para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

OPORTO,
O DESTINO.

Oporto é unha cidade vibrante que se converteu nun dos destinos turísticos e educativos máis valorados de Europa. É a segunda cidade máis grande de Portugal con uns 230.000 habitantes e a súa área metropolitana supera os 1,7 milóns de persoas.

A cidade conta cunha longa historia, gran variedade de lugares de interese cultural e unha animada vida social. A beira do Douro está chea de pequenas rúas que nos falan do Portugal máis xenuíno e inspirador, ofrece ademais unha oferta gastronómica moi interesante. 

Por se fora pouco conta cunha das universidades máis importantes de Portugal con máis de 30.000 estudantes cada ano procedentes de diferentes países, o que fai de Porto, unha cidade cosmopolita e intercultural. 

Conta ademais cunha ampla oferta de centros educativos repartidos por toda a cidade, con un elevado nivel de calidade no desenvolvemento da ensinanza. 

Por todo elo, e pola positiva experiencia durante o programa dos anos 2017, 2018, 2019 e 2022 seleccionamos Oporto para realizar o programa.

 

CANDO E COMO
VAS IR ATA PORTUGAL?

IDA E VOLTA

9 de outubro de 2023
5 de novembro de 2023

SAÍDAS

Ás 10:00h desde a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Ás 11:00 desde o CUVI de Vigo

VIAXE

En autobús ata Oporto.
Hora prevista de chegada ao aloxamento Liv Student ás 12:30h (horario local).

A VOLTA

Ás 09:30h desde Oporto con parada en Ponte de Lima a xantar e visita ao Museu do Brinquedo português. Chegada ao CUVI de Vigo ás 16:30h e á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela ás 18:00h.

AS ESCOLAS EN OPORTO

European Business School

Unha escola de negocios e de turismo. Ensianza baseada na innovación, diversidade e globalidade.

Escola Profissional de Gaia

Cunha experiencia de 32 anos, conta con 14 cursos Profesionais e 6 Cursos de Educación e Formación.

Escola Secundária Clara De Resende

De primaria e secundaria. Cabe destacar os clubes de teatro e ciencias. É escola Ubuntu e proxecto eTwinning.

Escola Secundária Aurélia de Sousa

Clases de secundaria. Destacan os clubes europeos de deportes e de ciencia e o seu xornal escolar.

Escolas Carolina Michaëlis

Caracterizase xunto coa formación curricular, pola educación dos valores da Paz e o respeto aos Dereitos Humanos.

A VOSA CASA
EN OPORTO

Do 5 ao 31 de outubro no Liv Student e do 1 ao 5 de novembro no Hotel Istay Porto Centro con almorzo incluido.

O Liv Student proporcionaravos unha experiencia única onde pode vivir, disfrutar, crear recordos inolvidables e sentirse coma na casa. Cada unha das estancias foron coidadosamente deseñadas para ser funcionais e cómodas, a través de servizos e instalacións que maximizan o voso benestar e facilitar a vosa vida diaria. As habitacións son individuais e contan con baño privado, así como de todos os servicios necesarios para a vosa estadía.

O iStay Hotel Porto Centro está ao carón do Teatro Nacional São João e dos murais medievais Fernandina. Un aloxamento funcional, para que poidades descansar comodamente e aproveitar todo o que ofrece este histórico destino. As habitacións son individuais e contan con baño privado, así como de todos os servicios necesarios para a vosa estadía.

En canto á manutención, darémosvos 35€ diarios por persoa para gastar nos almorzos, comidas e ceas mentres estedes no Liv Student e 30€ diarios por persoa para gastar nas comidas e ceas mentres estedes no iStay Hotel Porto Centro. O pago das comidas por parte da empresa Peares, farase ao final do programa.

Entregarémosvos unha tarxeta para facer uso do transporte urbán.

COMO O IMOS FACER?
O NOSO MÉTODO

A inmersión no Sistema educativo local e no centro escolar en concreto.

A inmersión na vida cotiá dunha cidade portuguesa.

Cada participante terá de referencia a un/unha docente portugues/a.

A comunicación sempre será en portugués para conseguir unha exposición intensiva á lingua.

A metodoloxía céntrase na aprendizaxe do contido académico a través da lingua portuguesa.

Conseguir o máximo grao de inmersión lingüística e cultural durante un mes nun centro escolar estranxeiro.

OS OBXETIVOS
DESTE PROGRAMA

Observar o traballo de aula. 

Aprender a planificar e deseñar unha clase tendo en conta aspectos lingüísticos portugueses.

Observar e tomar notas do traballo en clase. 

Facer prácticas de aula con alumnado portugués. 

Participar como docente nalgunha clase a estudiantes nativos portugueses. 

Traballar a interculturalidade. 

Comparar os dous sistemas educativos.

Mellorar as competencias comunicativas en portugués.

Observar os procedementos de avaliación. 

Establecer futuras redes de colaboración no centro de acollida. 

Traballar en futuras colaboracións entre as escolas de Portugal e a escola orixinal do docente en Galicia.

REUNIÓNS INICIAIS

Respecto á información aos/as participantes, previo ao inicio do curso, farase unha reunión a través de video chamada, onde facilitarémosvos toda a información relativa ao programa. A data e plataforma da reunión será comunicada a través do correo electrónico e do grupo de Whatsapp.

ATENCIÓN AO PROFESORADO

Unha vez en Oporto levase a cabo unha presentación do sistema educativo Portugués. Aquí coñeceredes ao equipo docente de acollida do que recibiredes atención durante a estadía e o calendario escolar, os horarios e toda a información relativa ao centro de acollida.

Xa no centro teredes unha reunión co/a docente de acollida e co/a responsable de departamento da asignatura onde recibiredes toda a información necesaria.

MATERIAL DIDÁCTICO

Ademáis do material utilizado pola escola, que vos facilitará o/a docente de acollida, recibiredes un manual de integración para que poidades organizar o vos traballo de xeito máis sinxelo e tamén que vos sirva para apuntar cada día as leccións que vos interesen. Este manual estará divido por semanas e por días, podendo facer o seguemento lóxico diario, con suxerencias de varias actividades, como workshops, lecturas, etc.

Dotarémosvos dun presuposto de 50€ para comprar os libros de texto que mais vos interesen.

ACTIVIDADES
EN PORTO

Teredes información actualizada a diario sobre a oferta cultural da cidade e das posibles actividades de ocio, cultura e deporte. Aproveitaranse as excursións como ocasión para traballar aspectos concretos da cultura local e xerar situacións comunicativas.

A escola e os docentes de acollida trasmitirán ao longo de toda a estancia recomendacións de lecturas, conferencias e actividades temáticas. Ademáis, poderedes participar nos talleres e seminarios que se realizan en cada centro.

Actividades complementarias nas que poderedes participar:

  • Visita a adega de vino de Oporto.
  • Visita a Regua de tren.
  • Visita a Ponte de Lima Museo de Brinquedo.

PREPARANDO
A VIAXE

DNI e o permiso de conducir, se o dispón.
Tarxeta sanitaria europea.
Clima: os veráns son soleados cunha media de 20ºC.
Moeda: Euro, coma en España
Electricidade: os enchufes de Portugal son os europeos, polo cal non é necesario comprar ningún adaptador.

 

CHAMADAS E
HORARIOS

Para chamar desde Portugal a España:
0034 + o teléfono
Para chamar dende España a Portugal:
00351 + o teléfono.
Tense que activar o Roaming nos móviles unha vez cheguen ao destino
En Portugal é -1 horas con respecto a España.

TELÉFONOS DE CONTACTO

Principal vía de comunicación email (resposta máxima en 24h):

Teléfono información xeral: De lúns a venres de 09 a 17h: +34618177919

Teléfonos de incidencias/urxencias: Evitar utilizar se non son incidencias ou urxencias, se non, non están dispoñibles para o seu verdadeiro cometido.

  • Joel: 622 849 214 (coordinador do programa)
  • Noemí: 646 038 818 (coordinadora xeral)
  • Juan: 637 895 831 (director xeral)

SEGURO E ACCIDENTES

O seguro de accidentes (médicos, hospitalización e farmacia) é ilimitado, gastos de viaxe segundo os gastos efectivos ocasionados (repatriación médica, transporte do falecido, billete de visita dun familiar no caso de hospitalización do asegurado e aloxamento, billete de regreso de urxencia no caso de falecemento), seguro de equipaxe (danos, perda, roubo, atraso de equipaxe) e seguro de responsabilidade civil cun importe mínimo de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €).

SEGUROS

O seguro por parte de Tourgalia Gestión S.L. é ERGO. Compañía de seguros especializada en seguros de viaxes. O número de póliza é o 07622000541. En caso de necesitar asistencia, o número de teléfono de ERGO é +34913441155. Ademais, os/as asegurad@s dispoñen da APP Air Doctor para solicitar e reservar cita médica de xeito rápido. Poderán descargar a aplicación buscando Air Doctor na tenda de app do seu móvil. 

 

QUE É PEARES?

Peares, pertenece a un grupo empresarial 100% galego, especializado na xestión integral de servizos nos sectores da xestión de programas formativos con 9 anos de experiencia.
Esta liña de negocio nace da xestión do centro de inmersión lingüística dos Peares, no que levamos a cabo programas intensivos de formación en inglés dende o ano 2014. Na actualidade ademais de continuar coa actividade do centro, desenvolvemos programas de integración e inmersión lingüística no estranxeiro.
Peares, centro de inmersión lingüística, é un antigo poboado de Unión Fenosa, reformado co obxectivo de converterse nun centro referente na realización de programas de inmersión lingüística e que xestionamos dende o ano 2014. Dende ese momento ata hoxe, foron moitas as persoas que pasaron polo centro a través de diferentes programas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies