Springweek

Presentámosvos SPRING WEEK en Peares.

6 días de inmersión lingüística nun centro único.

Mellorar o nivel de inglés en 6 días

Inmersión lingüística en inglés.

O obxectivo deste programa é a aprendizaxe e utilización práctica da lingua inglesa. Todas as actividades se desenvolverán, polo tanto, íntegramente en inglés. A finalidade será adquirir novos coñecementos, consolidar e practicar o xa coñecido a través de actividades que resulten atractivas e agradables aos participantes.

Methodology.

Metodoloxía.

A metodoloxía xoga un papel fundamental no desenvolvemento do curso, tendo en conta que un dos elementos clave debe ser manter a motivación pola aprendizaxe do alumnado, e conseguir que adquira un papel activo e autónomo no mesmo. Para elo, establecerase unha dinámica activa e divertida que desenvolva o proceso de ensinanza/aprendizaxe baixo os principios dos seguintes enfoques metodolóxicos:

  • Aprendizaxe baseado no alumnado.
  • Aprendizaxe dialóxico
  • Aprendizaxe entre iguais
  • Aprendizaxe participativo e grupal
  • Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas extranxeiras (CLIL)
  • Aprendizaxe flexible

 

GOALS.

Obxectivos.

Ofrecer unha verdadeira inmersión lingüística

Adquirir novos coñecementos, consolidar e practicar o xa coñecido

Actividades pedagóxicas atractivas para unha apredizaxe fluida

Peares: The Centre.

Peares: O centro

Situase na porta da Ribeira Sacra, a vinte minutos de Ourense, a unha hora de Lugo, a unha hora e vinte de Vigo, a unha hora e media de Santiago de Compostela e a dúas horas de A Coruña.

Peares Centro de inmersión lingüística albergaba aos traballadores da presa de Os Peares. Restaurado por Gas Natural Fenosa en 2009, ahora somos o primeiro centro de España creado para a inmersión lingüística.

Polo noso centro pasan máis de 3.000 escolares de toda España que acuden a formarse en cursos de inmersión lingüística en inglés.

s

Seguridade

Todo o noso equipo convive nas mesmas instalacións durante o programa e supervisa aos participantes durante as 24 horas do día. O recinto dispón de peche perimetral de seguridade e videovixilancia

Enfermería

Peares conta co seu propio persoal sanitario, que reside durante todo o programa na instalación as 24 horas.

 

Chegada e saída

Dende as 16:00 h no meeting point, no aulario principal. Realízase o rexistro coa directora do programa e o servizo sanitario.

Qué entregar no rexistro: tarxeta sanitaria, DNI se é maior de 14 anos, móbil, cargador e medicamentos se os levara.

Saída: Dende as 10:00 h.

 

 

RATIO

O ratio de monitor/a-alumno/a é de 1:10.

Que necesitamos no momento da chegada

Tarxeta sanitaria

DNI se é maior de 14 anos

Móbil con cargador

Medicamentos se os levara.

As pertenzas deben estar identificadas co nome, apelidos e no caso do móbil.

 

6 días de unha inmersión lingüística real

Cómo é o día a día?

Neste cadro poderedes ver os horarios e actividades que se levarán a cabo durante a Spring Week 2023.

A diario realizarán distintos tipos de actividades:

  • Actividades de preparación: recollida preliminar de información e datos sobre o tema do día.
  • Actividades prácticas sobre o tema do día a través de obradoiros que poderán realizarse ao longo da estadía
  • Actividades de posta en común.
  • Periodo de xogos, deporte, etc, en grupo, en lingua inglesa.
  • Elaboración dun produto final colectivo. O programa finaliza cunha produción oral colectiva en lingua inglesa do grupo asistente. Esta produción pode servir para expoñela a otros cursos do colexio ao seu regreso.
  • Non se impartirán clases formais de gramática inglesa, se ben algunha ou algunas actividades que se programen diariamente servirán de soporte para traballar nas aulas vocabulario e outras estruturas necesarias para a expresión oral.
  • Durante toda a estadía e con posterioridade á cea, organizaranse actividades de velada dinámicas e en lingua inglesa, nas que participará todo o grupo.

Cal é o menú cada día?

Neste cadro poderedes ver os menús que serviranse durante a Spring Week 2023.

Realizamos cinco comidas ao día: almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea. O almorzó é un bufé con zumes, cereais, galletas, pan con manteiga e marmelada, froita e leite con cacao. Na media mañá tómase froita. Na merenda teremos bocadillos variados de fiambres, queixos e crema de cacao. Os xantares e as ceas constarán de primeiro prato, segundo prato e postre.

Tendo en conta que se trata dunha inmersión lingüísitca, ao longo da semana serviranse diferentes pratos típicos ingleses, coma fish and chips (peixe con patacas), leek and potato soup (crema de porro e pataca), roasted coad and potatoes (bacallau ao forno con patacas), cottage pie (pastel de carne), american burguer, xunto con pratos máis tradicionais coma  spanish omelette (tortilla española) e paella de verduras.

A manutención e limpeza está a cargo dun equipo especializado e residente na instalación. Contan con anos de experiencia na prestación do servizo neste tipo de actividades. Todos os pratos son de elaboración propia.

Adaptaranse os menús a participantes con necesidades dietéticas especiais (por motivos de saúde, alerxias, intolerancias e relixiosos). Cada caso será avaliado individualmente. É fundamental indicalo na ficha de inscrición para facilitar menús alternativos.

A Mochila

Toda a roupa, calzado e accesorios teñen que ir marcados co nome e os dous apelidos.

  • 7 camisetas, 4 pantalóns longos.
  • 3 suadoiros ou xerseis de manga longa.
  • 3 chándales completos ou roupa de deporte.
  • 1 toalla de ducha.
  • 1 par de sandalias de ducha.
  • 7 mudas de roupa interior, calcetíns deportivos (7 pares).
  • Calzado deportivo con sola de goma, botas con sola de goma ou zapatos cómodos para andar con sola de goma e zapatillas para o interior.
  • 1 prenda de abrigo e un chuvasqueiro ou similar.
  • Pixamas
  • Bolsa de aseo completa: esponxa, cepillo e pasta de dentes, champú, xel de baño, desodorante, colonia e peine
  • Bolsa para a roupa sucia
  • 1 gorra
  • 1 paraugas
  • Lanterna

Dado que a estancia é de 6 días non se contempla o uso de lavadora. Non é necesario traer cartos, xa que non se sae das instalacións e dentro non hai ningún lugar onde podelos gastar.

Artigos que os alumnos e as alumnas participantes non pode traer: obxectos de valor, reprodutores de música, cámaras fotográficas, xogos ou outros dispositivos electrónicos, xoias.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies